Pabellon CF Juvenil Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Futbol 

Victoria decisiva del juvenil del Pabellón CF ante Porriño

Os goles de Abraham e Carlos Villar, e un penalti detido por Sampayo no desconto, facilitaron a vitoria (2-1) decisiva dos de Cándido Gómez

Pabellón CF 2 -1 Porriño

Crónica: Pabellón C.F.

A vitoria 2-1 do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil contra o Porriño nos Remedios foi o espaldarazo definitivo para que os de Cándido Gómez eviten calquera complicación clasificatoria co alto número de descensos -cinco- que contempla a categoría. Restan tres partidos e o colchón de puntos que ten o equipo é máis que un seguro de vida. Os pabellonistas son agora sextos despois de sumar dez dos últimos doce puntos en xogo.

 Pabellon CF Juvenil Foto Nacho Rego

O partido foi moi intenso, emocionante e condimentado pola calurosa tarde que se presentou en Ourense. Incluso os últimos minutos estiveron cheos de emoción xa que cando os branquiverdes culminaran a remontada co tanto de Carlos Villar despois das táboas coa que rematara a primeira metade logo de que Abraham igualase o gol dos adversarios, unha máis que rigurosa pena máxima foi detida por Sampayo evitando a igualada do rival e salvando os tres puntos.

Pabellon CF Juvenil Foto Nacho Rego

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: