Es noticia Futbol 

Venta anticipada para o encontro entre U.D. Ourense e Bande do vindeiro sábado

Noticia: U.D. Ourense – Foto: Yedra Seara

A UD Ourense habilita a venta anticipada de entradas nas oficinas de O Couto para o encontro do próximo sábado fronte a SD Bande. O clube pretende evitar así colas o día do encontro e que os afeccionados poidan acceder a grada de tribuna coa maior rapidez posible.

Coincidindo o encontro en sábado e sendo o referente da xornada na nosa provincia e na Preferente, agárdase unha afluencia maior do habitual no estadio. Dende a UD Ourense facilitamos a adquisición de entradas en O Couto en horario de oficina de mércores a venres de 18:00 horas a 21:00. Todos os interesados, poden pasar no horario de oficina e facerse coa súa entrada.

Lembramos que os socios e menores de 16 anos teñen o acceso gratuito para o partido. Para o público en xeral, o prezo será o habitual da tempada, 8 euros.

Noticias relacionadas