A U.D. Ourense deixa escapar dous puntos co tempo cumprido
- Un tanto de penalti transformado por Víctor Besada priva os vermellos de sumar 3 valiosos puntos na casa fronte o Atios.
- Germán fixo o tanto ourensán cun remate de cabeza a saída dun córner.
- Os de Currás seguen en segunda posición unha xornada máis, a 4 puntos do líder.
U.D. Ourense 1 – 1 Atios
Crónica: U.D. Ourense
O fútbol as veces é caprichoso e non premia os intentos dos equipos por levar a vitoria. Se a eso lle sumamos un penalti deses que nunca deben facerse no derradeiro minuto de xogo, a sorte é máis fácil que esquive o clube. Pasoulle onte a UD Ourense, que tiña controlado un partido no que non sufriu en exceso e que puido pechar en varias ocasións. Non o lograron os ourensás que acabaron recibindo o tanto do empate no último minuto, tras un penalti de Oli. Dous puntos voaron de O Couto, pero o equipo prosigue mantendo praza de ascenso directo.
O partido arrancou con algunas variacións no XI. Unha xornada máis, Xurxo ocupou o posto de central e Aitor saiu de inicio na medular. Os vermellos comezaron tocando e buscando a meta rival. Primeiro con achegamentos dende a distancia e remates lonxanos de Durán e Alfredo, que non puxeron en perigo a meta rival. Pouco despois con xogadas máis elaboradas e transicións rápidas buscando a velocidade de Jony.
Tiveron a réplica os visitantes, por mediación de Leandro, que recibiu un pase filtrado de Víctor Besada e plantouse solo ante Pato, pero non acertou a batir o gardarredes unionista. Chegou entón a réplica nunha xogada de estratexia, onde o Ourense sacou petróleo e puxo en moitos apuros o seu rival. Alfredo serviu dende o curruncho e Germán rematou de cabeza o fondo da rede, a saída en falso do gardameta foi tamén determinante.
O choque entrou entón nun momento de calma e de tímidos achegamentos de ambos contendentes, pero sen xerar excesivo perigo nas metas rivais. Con vitoria local chegábase o descanso e coa sensación de que quedaba todavía moito que bregar para sumar tres valiosos puntos, nada máis lonxe da realidade.
Tralo paso por vestiarios os ourensanista voltaron a sair moi metidos no encontro e comezaron a dispor das primeiras oportunidades para ampliar a renta. Germán tivo o segundo nunha xogada idéntica a do gol da primeira metade, pero esta vez un zagueiro salvaba baixo paus o tanto do central ourensán.
O partido entraba entón nunha dinámica de ida e volta, con achegamentos de perigo en cada meta. Pato tivo que desbaratar unha ocasión rival cun remate de Davos case sen ángulo, pero que se envenenou e obrigou o cancerbeiro a sacar a man e desviar a saque de curruncho. Alfredo tivo a réplica para os vermellos, pero con todo a favor non foi capaz de batir o meta visitante.
Os técnicos refrescaban os seus conxuntos coa entrada de novos homes de refresco. O Atios daba entrada a homes de banda para tentar buscar a igualada e Fernando Currás reforzaba a zaga e a medular. Durán tivo a sentencia a 11 minutos para o final, tras unha asistencia de Alfredo, pero novamente un zagueiro impedía o gol do Ourense, que dispuxo de dúas claras ocasións para sentenciar.
De ahí o final pouco máis que sinalar, ata que Oli derribou a un rival no área, nunha xogada que sobraba, pero na que o derribo foi moi claro. Besada transformou a pena máxima e o Atios rascou un punto de O Couto, roubándolle dous a un Ourense que segue en segunda praza na táboa, que ve como o Estradense se afasta a 4 puntos e coma os inmediatos perseguidores recurtan diferencias, aínda así, os vermellos seguen dependendo de eles mesmos e despiden a primeira volta con 38 puntos. O Valladares será o próximo rival en O Couto o domingo, oportunidade para dar un golpe de efecto.