Destacado Es noticia Futbol 

UD Ourense 2-1 Caselas: Luces e sombras, pero 3 puntos de ouro

A UD Ourense suma 3 novos puntos tras superar o Caselas por 2-1. Os vermellos dominaron con comodidade os primeiros 45 minutos, nos que Adrián e Josu anotaron os dous tantos. Na segunda metade, relaxación é susto dos visitantes, que recurtaron diferencias e dominaron o coiro, aínda que sen xerar demasiado perigo.

U.D. Ourense 2 – 1 Caselas

Terceira xornada de competición, segunda victoria do Ourense e 3 puntos de ouro para sumar un total de 6 de 9 posibles. Encontro con luces e sombras, pero que lles servirá os pupilos de Fernando Currás para aprender a lección e non relaxarse co resultado a favor. Os primeiros 45 minutos foron un baile de salón do conxunto local, que dominou e embotellou o rival no seu campo, na segunda metade, o Caselas despertou e fíxose co coiro, tentando achegarse a meta de Pato, aínda que sen xerar excesivo perigo.

Foto: Yedra Seara

O partido arrincou con celebración e a entrega das pracas conmemorativas a dous históricos do clube coma Xaco e Diego Soto, que pertenceron a disciplina ourensanista dende a Terceira Autonómica ata a pasada tempada. Tralo acto, deu comezo o encontro e os ourensáns empezaron a desplegar o seu fútbol de salón. Moito toque, verticalidade e intercambio de posicións, cos laterais dobrando por banda e xerando perigo en varios achegamentos a meta defendida por Samu, que tivo que empregarse a fondo para evitar a goleada.

Ben cedo chegaron as primeiras ocasións nas botas de Joni en un remate que non chegou a conectar Adrián en boca de gol. Josu e Codeso cabalgaban o ataque e Luis reforzaba a zaga para evitar as contras, incrustándose entre Pablo Corzo e Germán. O dominio era claro e o Caselas tentaba frenar os nosos con faltas. A primeira ocasión clara tivoa Rubén Durán nun lanzamento de falta directo que repelía Samu. Acto seguido, nunha nova xogada de estratexia, volvía a probar sorte Alfredo, pero o cancerbeiro tamén rexeitaba o coiro.

Mascábase o tanto e acabou chegando nunha gran xogada que iniciou Germán cun pase longo a espalda da zaga visitante e alí aparecei Adrián, que cunha vaselina, batía o cancerbeiro e inauguraba o marcador. A partir de ese momento comenzou un vendaval de ocasións e bo fútbol, con xogadas trenzadas, moito toque e movemento de coiro e disparos para tentar ampliar a ventaxa. Codeso convertiuse no millor aliado de Alfredo, desdobrando por banda e xerando moito perigo. Avisou cunha asistencia que non puido rematar Adrián e pouco despois sería o asistente de Josu. Centro o segundo pau e por alí aparecía o lateral dereito para mandar o coiro o fondo das redes.

Transcurrían 28 minutos e nas bancadas xa se cheiraba a goleada, pero remataría por non chegar. Presionaban os ourensáns a saída de balón do Caselas e roubaban o coiro con suma facilidade. Adrián e Joni puideron anotar o terceiro, pero non estiveron fino a hora de decidir. A última da primeira metade estivo nas botas de Fran, que a piques estivo de anotar o terceiro, logo dun gran centro de Codeso, pero o coiro marchábase por centímetros.

Segunda metade floxa e susto do rival

Comezaba a segunda metade e o igual que ocurriu fronte o Estradense, o equipo daba un pequeno paso atrás, cedendo terreo e posesión o rival. Tentaba ahora trenzar o Caselas, que dominaba, pero sen facer perigo nos metros finais. Os nosos replicaban a contra, aproveitando a saída o terreo de xogo de Unai, que aportou frescura e velocidade. Nunha desas centraba o esférico a Adrián, pero o seu testarazo pegaba no longueiro.

Pasaban os minutos e o Caselas crecía cos cambios e ca fortaleza física que sorprendentemente amosaban, a pesares dunha primeira metade de desgaste. Currás daba entrada a Bruno en detrimento de Alfredo, músculo para a medular, tentando loitar pola posesión, que agora era do rival. Unai desperdiciaba outra boa opción de aumentar as distancias.

Entrados nos últimos 15 minutos, chegaron os primeiros sustos. Aproximacións do Caselas de perigo, pero Pato opúñase a recibir un tanto en contra. Eran os mellores minutos dos visitantes, que recurtarían diferencias a falta de cinco minutos para o final, logo dun saque de banda no que Jose Ángel remataba a placer e facía o 2-1.

Os visitantes tiñan o empate a un tanto, pero entón chegou unha dobre expulsión. Marcos Maroto vía o segundo cartón por unha falta na medular e acto seguido o colexiado expulsaba a Jose Ángel tras amosarlle dous cartóns seguidos por protestar. O Caselas quedaba con 9 e o partido sentenciado. Unai anotou un tanto anulado polo árbitro e Bruno tivo o terceiro, pero pouco máis que engadir.

Con esta victoria, o Ourense suma 3 puntos de ouro e sitúase con 6 na táboa. A próxima semana visita o Porriño, nun encontro no que os de Currás levarán a lección ben aprendida despois da segunda metade de hoxe.

La entrada UD Ourense 2-1 Caselas: Luces e sombras, pero 3 puntos de ouro aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

 

Noticias relacionadas