Escudo U.D. Ourense

Dentro da liña de transparencia da Unión Deportiva Ourense hoxe pola tarde celebrouse unha rolda de prensa na Centro Comercial Ponte Vella para dar a coñecer os números en canto a socios e abonados, que xa son entrambos 1.018. Cifra que se superou o pasado domingo antes do partido ante o Piñor, onde se deron de alta como socios ou abonados 30 persoas.

O número total de socios, os donos do clube tras pagar unha couta de 100 euros, é de 355. Destos 65 estaban entre os 200 primeiros socios do tristemente desaparecido Clube Deportivo Ourense. O número de abonados é, polo tanto, de 663. Entre estos últimos hai que distinguir as diferentes categorías. Así temos 311 abonados xerais (11 deles proveñen dos convenios con Barbadás e Cidade das Burgas), 61 xubilados, 45 de entre 16 e 25 anos, 49 desempregados, 31 minusválidos (que non pagan) e 101 menores de 16 anos que tampoco abonan cuota, correspondendo o resto a carnés familiares. En total temos 871 persoas que pagaron algún tipo de carné.

Todo un éxito que demostra que a afección está coa Unión Deportiva Ourense. Cando se puxo en marcha este proxecto nin o máis optimista podía pensar nestas cifras. Sen embargo a resposta da afección foi, e segue sendo, espectacular. Xa na primeira semana de agosto se chegou aos 200 socios e abonados, o que xa facía pensar que se podía chegar a cifras importantes, como así foi.

Agora o obxectivo é que siga aumentando o número de persoas que se acheguen á Unión Deportiva Ourense, non sendo descabellado pensar en chegar ata os 1.200 ou 1.300 socios e abonados. Sendo os 1.500 un número máxico que nos enchería de ledicia a todos os ourensanistas. ¡OURENSE SOMOS NÓS!

Noticia: U.D. Ourense

 

Relacionado con: : ,