Es noticia Futbol 

A U.D. Ourense toma vantaxe ante o Portonovo (4-1) na Copa feminina

Copa de 1ª División feminina de Galicia

Gran partido das ourensanistas que golearon ao Portonovo por 4-1. Dominaron todo o partido e incluso mereceron un triunfo máis avultado. Toman unha ampla vantaxe na eliminatoria que se resolverá o vindeiro domingo en terras pontevedresas.

Dende o primeiro minuto as ourensanas puxeron cerco a porta visitante, creando moito perigo que se viu reflectido no marcador no minuto 24 cun gol de Laura tras pase de Hele. Entre as dúas traían tola á defensa visitante, cun gran partido do resto de compañeiras que superaban en todas as parcelas ao Portonovo.

O segundo gol cantouse en varias ocasións pero no foi ata o último minuto da primeira metade cando subiu ao marcador. Desta vez foi Hele a que superou a porteira visitante no man a man.

Tras o descanso non variou a decoración. A U.D. Ourense seguía a ser moi superior e buscaba sentenzar a eliminatoria con máis goles. E chegaron outros dous. No minuto 68 Hele fixo o terceiro tras gran disparo ante o que non puido facer nada a porteira visitante.

Seguían as ocasións para as ourensanistas pero o Portonovo tamén se estirou na procura dun gol que as metera na eliminatoria. No minuto 81 Noe evitou o gol visitante cun paradón que desatou a ovacion da grada.

No minuto 84 foi Laura a que fixo o cuarto gol cun gran disparo que se colou na porta visitante despois de bater no poste. O 4-0 deixaba prácticamente sentenzada a eliminatoria pero no derradeiro minuto gol das visitantes no seu segundo achegamento con perigo de todo o partido. Un gol que lles da vida na eliminatoria.

Partidazo das xogadoras unionístas que dan mostra do seu gran estado de forma. Todo o equipo estivo a un gran nivel, desde Noe, pasando pola defensa, o medio do campo e unha dianteira que tivo en Hele e Laura as grandes protagonistas con dous goles cada unha.

Alineación: Noe; María, Pacy, Lo, Jani; Moni, Dana; Hele (Feijoo, 72´), Palo (Aida, 58´), Laura (Andrea, 88´) e Cris (Zaira, 85´).

Enlace con la noticia original: O feminino toma vantaxe ante o Portonovo (4-1)

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: