Es noticia Futbol 

U.D. Ourense tendrá en el Colegio Miraflores su ciudad deportiva

Unión Deportiva Ourense centrará a súa actividade no Colegio Miraflores

Grazas ao convenio establecido con Colegio Miraflores Ourense a Unión Deportiva Ourense dará comezo a unha nova etapa para seguir desenvolvendo o proxecto iniciado no ano 2014 por parte da entidade ourensá.

Miraflores será a “Cidade Deportiva” ourensanista, un lugar de traballo, formación e convivencia de todos os equipos e familias que compoñen a Unión Deportiva Ourense. A “Escoliña”, a Base e os equipos masculino e feminino traballaran no día a día nas fantásticas instalacións que proporciona este colexio, podendo tamén desfrutar e acollerse a todas as actividades e posibilidades que ofrece o centro.

Un gran avance para o futuro do club, que repercutirá na calidade de adestramentos e na preparación e formación de todos que dende a entidade queren proporcionar a todas aquelas familias Ourensanistas que desexen formar parte do seu proxecto.

  • VANTAXES

    – Libre disposición horaria que permitirá facilitar a coordinación de adestramentos e partidos.

    – Disposición propia de instalacións e campo que mellorará a calidade dos adestramentos.

    – Concentración de todos os equipos do club nas mesmas instalacións

    – Amplo aparcamento

    – Distancia a menos de 15min dende a maior parte dos barrios da cidade

  • INSTALACIÓNS

    – Campo de fútbol 11 de boas dimensións

    – Polideportivo con ampla disposición horaria

    – Piscina para disposición de todos os equipos (1h mensual con posibilidade de aumento)

    – Aula audiovisual para a proxección de vídeos e demais filmes

    – Salón de actos para presentacións e eventos

    – Cafetería e sala de lectura

    – Despacho para atención personalizada a familias

    – Gardería para a conciliación familiar

    – Lavandeiría

  • OUTRAS VANTAXES E POSIBILIDADES

    – Actividades extraescolares que ofrece o propio centro

    – Transporte en bus

  • PERSOAL CUALIFICADO

    – Coordinador Deportivo (Diego Soto)

    – Entrenador específico de porteiros (Pato Guillén)

    – Recuperador físico persoal e prevención de lesións (Toni Álvarez)

    – Monitores titulados e especializados, que atenderán todas as necesidades que se presenten.

  • DESCONTOS

    • 10% nas actividades que ofrece MIRAFLORES así como a utilización da Piscina

    • Adhesión ó programa “Operación Retorno” dos descontos que ofrece o club

    • 20% nos Campus celebrados polo Club

 

MAIS INFORMACIÓN a través do Coordinador DIEGO SOTO  tfno. 649 531 567

 

Enlace con la noticia original: Importante convenio con Miraflores

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: