Destacado Es noticia Futbol 

U.D. Ourense suma en O Couto sus primeros puntos en Preferente

A UD Ourense supera o Estradense por un contundente 4-0 coa bancada de tribuna ateigada de siareiros ourensanistas. Joni, Alfredo, Unai e Pignol en propia porta, autores dos goles. Gran ambiente e victoria que vale o seu peso en ouro no debut no estadio de O Couto esta tempada.

U.D. Ourense 4-0 Estradense

Non era un domingo calquera, era un día de reencontros e de voltar a sentir a maxia do fútbol no estadio de O Couto. A UD Ourense presentábase en partido oficial ante a súa afección, esa que durante 4 anos leva percorrendo os campos da provincia movidos por un sentimento, o ourensanismo. Tocaba darlles unha alegría e non houbo mellor maneira de facelo que con un contundente 4-0. O público respondeu con ringleiras de afeccionados esperando para retirar os seus carnets e incluso para facelos, nun día no que xa se superaron os 1.000 abonados, cifras moi boas e que veñen a amosar que o equipo engancha.

Coa bancada enchéndose, a pesar de que as nubes ameazaban con descargar e fixérono antes do inicio, deu comezo a contenda. Os primeiros compases estiveron marcados pola intensidade e as desputas por facerse ca posesión. Pouco a pouco, os pupilos de Fernando Currás foron tomando a iniciativa e o Estradense deu un pequeno paso atrás, aínda que tamén buscou sorprender os ourensáns.

Foto: Yedra Seara

O técnico apostou por dar entrada a Germán no eixe da zaga, acompañando a Pablo Corzo, Codeso pasou o lateral esquerdo e Luis ocupou o posto de mediocentro defensivo. Por diante Omar e Fran Martínez encargáronse da creación, deixando o tridente habitual en ataque con Joni e Alfredo nas bandas e Hugo no ataque. A primeira ocasión de perigo chegou nun remate de Fran Martínez, logo dun centro de Joni, que rompeu a varios rivais e colocou o balón na testa do mediocentro, aínda que Coke rexeitou o coiro evitando o primeiro.

Buscaban os vermellos a banda de Joni, que foi un continuo crebadeiro de cabeza para zaga do Estradense. O ex do Ribeiro foi un dos millores o igual que Fran Martínez, co que se asociou a perfección. Trasncorrían os minutos e chegaban as ocasión, primeiro nun remate de Hugo que se marchaba desviado. Percutían e movían o balón os nosos, namentras nas bancadas se escoitaban berros de fútbol de salón. Moito toque e combinación e unha nova ocasión que non acertaba a rematar a porta Joni, logo dun disparo a media volta.

O Estradense tentabao tamén con tímidas aproximacións, pero non puxo en perigo a Pato, que apenas tuvo traballo na primeira metade. Luis González probou fortuna nun lanzamento de falta, pero o seu remate marchouse por riba do longueiro. Pasaban os minutos e achegábamosnos o descanso, cando chegou o primeiro tanto do Ourense. Omar combinaba con Fran Martínez, que de primeiras habilitaba a Joni, que no mao a mao ante Coke non perdoaba. Un gol deses que chaman psicológicos, xa que chegou a 4 minutos para o tempo de lecer.

O Estradense sae a polo empate e Hugo sentencia

Tralo paso por vestuarios o conxunto dirixido por Alberto Mariano deu un paso adiante e arrinconou os vermellos na súa área. Os da Estrada gozaron de varias oportunidades para igualar a contenda, namentras os locais parecían adormecidos tralo tempo de lecer. Óscar Boo e Jorge gozaron de dúas boas ocasións e Pato tivo que desbaratar un balón dividido que se envenenaba e a punto estivo de ser cazado por un xogador do Estradense.

Cousas do fútbol, cando pior o estaban pasando os locais, chegou o segundo tanto da tarde e a postre un gol vital para frenar o ímpetu visitante. Fran Martínez marchaba pola banda e tras desfacerse do seu marcador centraba o corazón da área. Ahí aparecía Hugo para meter o pé e anotar a pracer, tamén a bota de Pignol, que toca primeiro, antes que o dianteiro, ainda que este sentencia a Coke. Non o entendeu así o colexiado, que concedeu o tanto en propia porta.

O tanto espoleu os locais e rematou por afundir as opcións do Estradense, que se viu abaixo e recibiu un pouco máis de castigo. A partir de ahí, vendaval ourensanista en busca do terceiro e varios trocos para refrescar as pernas. Hugo e Fran marchaban ovacionados e deixaban o seu sitio a Unai e Julio Martínez. Joni puido anotar o terceiro nunha contra comandada por Unai, pero non chegou a conectar co balón, o extremo deixou o seu sitio a Carlos e tamén se levou o recoñecemento da bancada de O Couto.

Achegábase o partido os minutos finais, pero todavía había tempo para máis. Carlos rompía o seu marcador e deixaba o coiro para Alfredo, que centraba o área, Unai conectaba un remate, pero o coiro era repelido por Pignol coa man, o que lle costaba a segunda amarela. Alfredo foi o encargado de transformar a pena máxima. A bancada do Couto era un ruxido e a festa total. Unai facía o definitivo tras unha gran asistencia de Josu e a comunión equipo afección convertíase en total.

Victoria balsámica e contudente dun Ourense que amosa as súas armas ante os seus e volca a unha afección que non fallou a cita. 3 puntos para estrear no casilleiro e moi boas sensacións. O domingo as 18:30 horas, nova oportunidade ante os nosos para seguir sumando, o rival o Caselas. Agradecer o Estradense a súa visita e desexarlle sorte para o que resta. Un rival que se dúbida será dos que estén arriba o final de tempada.

Crónica: U.D. Ourense

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: