Destacado Es noticia Futbol 

A U.D. Ourense rescata un punto na visita a Campo Lameiro

O equipo ourensán segue a sumar puntos por sétima xornada consecutiva

Campo Lameiro C.D. 1-1 U.D. Ourense

Crónica: U.D. Ourense – Foto: Yedra Seara

A UD Ourense rescatou un punto da súa visita a Campo Lameiro, nun encontro sen demasiado fútbol, pero no que os ourensáns souberon repoñerse o tanto dos locais. A falta de puntería e o bo facer da defensa verde impediron os vermellos sacar algo máis desta visita.

Domingo de fútbol e festa en Campo Lameiro, con un campo cheo ata a bandeira, no que máis de 200 ourensanistas non quixeron perder a oportunidade de bancar os seus nun novo desprazamento. Gran presenza tamén de público local, o que encheu de colorido as bancadas, cun ambiente no que primou o fair play e o bo rollo.

No campo o partido estivo marcado polas defensas e a férrea actitude defensiva de ambos conxuntos. Unha primeira metade na que non se impuxeron as pizarras e a loita concentrouse na medular e unha segunda na que chegaron os dous goles e ambos tentaron ver a portería rival, aínda que sen fortuna. Os erros na definición condenaron os de Currás, que tras o gol encaixado viñéronse arriba, pero non foron quenes de anotar máis que o tanto do empate.

O encontro arrincou co Ourense saindo o ataque e buscando a meta do Campo Lameiro, aínda que sen sorte no tiro final. Alfredo tivo a primeira, pero o cancerbeiro local evitaba o gol, despexando a saque de esquina. Pouco despois, Codeso en boca de gol remataba a saída dun saque de curruncho, pero un defensa evitaba o tanto, cruzándose na traxectoria do coiro.

Tras este inicio ofensivo dos visitantes, chegou a réplica dos locais, que comezaron a chegar a meta defendida por Pato, aínda que sen excesivo perigo. O uruguayo puxo o cerrollo e a zaga axudou nas tarefas de contención. O encontro entrou nunha fase de idas e voltas, aínda que sen definición nin acerto nos últimos pases. Con táboas chegouse o descanso, sen goles, pero cun bo espectáculo sobre o campo e cas afeccións moi enchufadas.

Trala reanudación, chegou o primeiro cambio de Currás, que deu entrada a Adrián en lugar de Hugo. Tamén chegou o tanto en contra, unha vez máis a balón parado, a gran tarefa a correxir polo Ourense. Santi Fontán servía unha falta e por ahí aparecía Arias para rematar libre de marca e enviar o coiro o fondo da rede.

O tanto serviulles os locais para repregarse en tarefas defensivas e ceder a iniciativa o conxunto vermello, que comezou a buscar a porta rival, con máis de media hora por diante para sacar algo positivo da Chairiña. Currás deu entrada a Unai en detrimento de Durán e Jony pasou a punta de ataque coma parella de Adrián, co recen chegado ocupando o seu posto na banda.

Unai cambioulle a cara o ataque unionista, dándolle mobilidade, máis chegadas e gozando de varias ocasións para empatar. Primeiro cun remate tras un pase de Alfredo o que non chegou Adrián, pero o cancerbeiro evitaba o tanto. Pouco despois, remataba outro coiro, pero esta vez desviado. Os ourensáns despregábanse en ataque, as ocasións sucedíanse, pero a pelota non quería entrar, tanto por erros na definición, coma por acerto da zaga local.

A 9 minutos para o final e co equipo volcado, chegou o tanto do empate, cando Unai recollía un balón na frontal do área e rematábao o interior da rede. De ahí o final, máis ocasións para os nosos, pero o sino do encontro xa estaba escrito.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: