U.D. Ourense: Reparto de puntos en Cortegada (0-0)
Publicado por: U.D. Ourense
A intensa calor e o mal estado do terreo de xogo marcaron o desenvolvemento do partido entre o Cortegada e a Unión Deportiva Ourense en terras do Ribeiro.
O Manuel Rodríguez Meijón acolleu o seu derradeiro partido, será sustituido por outro campo, baixo un sol de xustiza e coa presenza duns 200 afeccionados, a maioría procedentes da capital da provincia.
A pesares de que o Cortegada xogábase boa parte das súas esperanzas de salvación o partido foi bastente aburrido, con escasas oportunidades de gol. As mellores foron para os ourensanistas na segunda metade, pero a falta de puntería privounos de acadar a vitoria. Marcos Sotelo, Benji, Xaco e Fran Martínez non acertaron a batir ao porteiro local. O Cortegada apenas dispuxo de ocasións. A máis clara un cabezazo que salvou Samuel cunha gran intervención.
Este empate complícalle moito a salvación aos locais, que dependen dos resultados de Francelos e Viana. Para o Ourense xa está todo o pescado vendido e tan só queda pechar a tempada cunha vitoria ante o Taboadela na despedida de Antonio Dacosta do banquillo ourensanista, con tres ascensos e a Copa Deputación B ás súas costas.
La entrada Reparto de puntos en Cortegada (0-0) aparece primero en Unión Deportiva Ourense.