Es noticia Futbol 

A U.D. Ourense reforza a súa zaga coa chegada de Diego Vieytes

Nova chegada ao plantel dun xogador ourensán

Noticia: U.D. Ourense

A U.D. Ourense reforza a súa zaga coa chegada do central ourensán Diego Vieytes, procedente do Boiro. Os vermellos fanse deste xeito cun dos futbolistas pretendidos este verán.

Novo reforzo para o Ourense e nova chegada ao plantel dun xogador ourensán. Trala incorporación de Xoel Crespo, o segundo en asinar é Diego Vieytes, central ourensán de 27 anos e que ata agora formaba parte do plantel do CD Boiro, co que chegou a un acordo para a rescisión do seu contrato.

Central expeditivo e con experiencia en Segunda B e Terceira, volta á súa casa para xogar no equipo referente da cidade e apuntalar a zaga de cara ao tramo final ligueiro no que o equipo buscará o ascenso a Terceira División. Vieytes formouse na canteira do RC Deportivo onde chegou a xogar no Fabril. Barbadás, Rápido de Bouzas e Boiro contaron tamém cos seus servizos, sendo imprescindible en todos eles.

O xogador será presentado mañá en rolda de prensa ás 19:30 horas na sala de prensa do patrocinador oficial do clube, COSAGA, para posteriormente adestrar ás ordes de Fernando Currás.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA U.D.OURENSE

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 25 de xaneiro de 2018, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Ratificación, se procede, de novos socios.

2.- Liquidación orzamento tempada 2016-17

3.- Informe execución orzamento tempada 2017-18.

4.- Aprobación, se procede, de disposición do fondo social.

5.- Rolda libre de intervencións

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo  con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario