Futbol 

U.D. Ourense recibe al Bande no Couto coa liga en xogo

Publicado por: U.D. Ourense

Partidazo o domingo dende as 17,30 horas no Couto entre os dous primeiros clasificados. Chegan a este partido separados por tan só dous puntos a falta de cinco xornadas para a finalización da liga. A vantaxe é do Bande, pero unha vitoria ourensanista permitiríanos colocarnos primeiros con tan só catro xornadas por disputar.

A tarea non será sinxela. O Bande está demostrando ser todo un equipazo con tan só unha derrota nesta tempada (na Peroxa por 2-1) e catro empates. Un deles colleitado no seu campo ante o Ourense, polo que un triunfo dos nosos tamén nos permitiría gañar o golavaraxe particular.

O último precedente non é nada favorable para nós. No partido de ida dos cuartos de final da Copa Deputación o Bande gañou por 0-2 nun partido onde todo nos saliu ao revés, cun penalti fallado e o segundo gol dos visitantes no tempo de desconto tras un grave erro defensivo. Sen embargo no partido da primeira volta disputado en Bande os ourensanistas foron superiores e mereceron o triunfo.

Este será o primeiro enfrontamento dos dous que se xogarán en cinco días, xa que o xoves santo visitaremos o Outeiro para xogar a volta dos cuartos de final da Copa Deputación B. Pero esa xa será outra historia. Agora o que toca e buscar o triunfo para asaltar o liderato e buscar o título de liga.

Antonio Dacosta non poderá contar para este partido con Sergio por motivos persoais, Fran Martínez mancado o domingo pasado na Peroxa e Adrián e Xurxo que recaeron das súas lesións.

O once inicial máis probable que salte ao Couto será o formado por: Lucas Sierra, que volve á porta na rotación prevista con Samuel no que resta de tempada; Otero, Julio Martinez, Tito Currás e Senén na defensa; Aitor e Omar no centro do campo; Cristian e Marcos Sotelo ou Xaco (única dúbida que se despexará antes do partido) nas bandas; Rubén Durán na mediapunta e Unai como home máis adiantado. No banco esperarán a súa oportunidade Samuel, Diego Pousa, Marcos Sotelo ou Xaco, Toni e Hugo.

La entrada A liga en xogo ante o Bande aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

Enlace con la noticia original: A liga en xogo ante o Bande

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: