Futbol 

U.D. Ourense presenta a Fernando Currás como novo adestrador

Fernando Currás como novo adestrador da Unión Deportiva Ourense

Onte tivo lugar a presentación de Fernando Currás como novo adestrador da Unión Deportiva Ourense en COSAGA, o noso patrocinador principal.

Xunto ao seu irmán Nacho Currás como 2º adestrador, Toni (que deixa o fútbol) como preparador físico e Antonio Dacosta como adestrador de porteiros, terá a misión de dirixir ao equipo na Preferente Autonómica co obxectivo de loitar polo ascenso de categoría e de seguir ilusionando á afección ourensanista.

Ex xogador de Club Deportivo Ourense dende as categorías inferiores chegou ao primeiro equipo na tempada 1994-95, debutando ante o Villarreal na 2ª División do fútbol español. Despois de asentarse no primeiro equipo da cidade e xogar tres tempadas na categoría de prata deixou o equipo para fichar polo Xetafe, tamén de 2ª división, tras o descenso do Ourense a 2ª B na tempada 98-99.

Despois pasou polo Gandía, Alcorcón e Xaén en 2ª B antes de voltar á casa na tempada 2003-04 ata a campaña 2006-07. Ao final desta tempada puxo rumbo a Melilla para xogar alí tres tempadas. Despois da súa retirada pasou ao banco, sendo segundo adestrador do Melilla e despois, tempada 2014-15, primeiro adestrador ata xaneiro de 2016.

De volta a Ourense fíxose cargo da canteira da UDO na tempada pasada e agora asume o reto de dirixir ao primeiro equipo. Pero antes da súa volta xa amosara o seu compromiso co club cando no verán de 2014 Club Deportivo Ourense desapareceu e foi fundada a Unión Deportiva Ourense, da que se fixo socio fundador e sempre estivo a carón do proxecto aínda dende terras africanas.

La entrada Fernando Currás presentado como novo adestrador aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: