UDOurense Marcon Foto Yedra SearaDestacado Es noticia Futbol 

A U.D. Ourense non perdoa a un At. Marcón que saíu goleado de O Couto

Os xogadores de Fernando Currás golearon a un At. Marcón que plantou cara a os locais durante moitos minutos

U.D. Ourense 5 – 2 Atlético Marcón

Crónica: U.D. Ourense / Foto: Yedra Seara

A UD Ourense retorna a senda da vitoria despois de superar o Atlético Marcón por 5 tantos a 2. Os vermellos puxéronse por diante na primeira metade, pero o resultado o descanso era de empate. Fernando Currás acertou cos cambios e dous tantos de Jony e un de Hugo déronlle a volta a contenda. A pesar de sumar 3 puntos, houbo momentos de sombras e dúbidas, resoltos na segunda metade.

Novo triunfo para un Ourense que segue crecendo co paso das xornadas. O conxunto capitalino voltou suar para doblegar a un rival que non fixo moitos méritos para levarse algo positivo de O Couto, pero que sorprendeu con dous latigazos para remontar 2 tantos en contra. O Marcón, recén ascendido, chegaba a terras ourensás coa esperanza de sumar algo positivo, pero víronse superados nunha gran segunda metade do conxunto local.

O duelo comezou con dominio do conxunto local, que dende o comezo buscou a meta rival, pero non acertou nos primeiros compases na definición. Fran desperdiciu un balón servido por Alfredo en boca de gol e pouco despois, Adrián non chegaba a un gran pase de Josu. Foron as ocasións que serviron de antesala o primeiro tanto do partido. Codeso sacaba o balón dende atrás cun despexe moi longo, o coiro cazabao Adrián, que cunha vaselina batía con cancerbeiro.

Adiantábanse os vermellos, que ata entón eran donos e señores do encontro. Pouco despois chegaba o segundo, cun tanto en propia porta da defensa do Marcón o tentar despexar o coiro. O partido parecía visto para sentencia polo claro dominio local e falta de achegamentos visitantes, pero nada máis lonxe da realidade.

Como en varios partidos anteriores, o Ourense deu un paso atrás e cedeu a iniciativa os pontevedreses, que reaccionaron rápidamente. Iván estrellaba un lanzamento de falta no longueiro e pouco despois, Sapi gañáballe un balón desputado a Codeso, que non estivo acertado a despexar e sentaba a Pato no man a man.

Os visitantes despertaran e no tempo de prolongación da primeira metade, acadarían o empate. Centro de Geliño e remate de Román de cabeza, ante o que nada podía facer Pato. Con táboas chegábase o descanso. O fútbol ata entón non había deixado demasiado espectáculo, pero todavía quedaban outros 45 minutos por desputarse.

A segunda metade arrincou con un Ourense que tiña máis ímpetu e buscaba a meta rival, pero concedendo demasiado en defensa e errando moitos pases na saída do coiro. Fernando Currás optou por un dobre cambio e deu saída a Germán e Joni. O “suízo” aproveitaría unha das primeiras xogadas para por os seus por diante. O extremo recuperaba o coiro na medular e tocaba para Adrián, que lle devolvía o esférico para que este en carreira desfixérase dos seus rivais e batera de vaselina o cancerbeiro.

O tanto tivo resposta do Marcón, que a piques estivo de voltar a empatar tras un saque de esquina, pero Germán evitaba o tanto despexando de cabeza. Os técnicos facían cambios pois o cansancio, a calor e o paso dos minutos comezaba a pesar nas pernas dos futbolistas. Hugo facía o cuarto da tarde o cazar un rexeite do gardameta tras tiro de Joni. A partir de enton, o partido quedou sentenciado.

Os ourensás viñéronse arriba e puideron aumentar as diferencias en varias ocasións, pero sería Joni o encargado de pechar a conta goleadora da tarde, tras unha combinación con Hugo. Germán anotou o sexto nun remate de cabeza, pero o árbitro interpretou que se axudara dos brazos o apoiarse nun rival. Alfredo tamén puido ver porta, pero o gardameta evitou o tanto, así coma unha última aproximación de Omar. O final, vitoria da UD Ourense, que se sitúa en segunda posición e recurta diferencias co Bande, líder, do que está a dous puntos.

Agora toca visitar o Ribeiro en Copa o xoves e o Campo Lameiro o próximo domingo.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: