Escudo U.D. Ourense

O pasado 28 de agosto foi un día histórico, a Unión Deportiva Ourense dispotou o seu primeiro partido. Foi un amigable disputado fronte ao Barbadás no campo dos Carrís. Polo que respecta ao partido pouca historia. A diferencia de categoría é evidente (3ª división nacional fronte a 3ª autonómica) e o resultado axustouse a estes parámetros: 5-0 para o Barbadás.

Sen embargo esto non foi o máis destacable do partido. O mellor foi constatar que o ourensanismo non morreu. Con Clube Deportivo Ourense acabaron pero co sentimento de ser ourensanista non. Onte Os Carrís estaban poboados por maioría de seareiros ourensanistas, agora apoiando e defendendo á Unión Deportiva Ourense. Os cánticos e berros de ánimo de Ouligans e do resto de afeccionados ourensanistas puxeron de manifesto onde están e a quen apoia a afección do inesquecible Clube Deportivo Ourense.

Demostrouse que entre todos podemos facer da Unión Deportiva Ourense un clube grande, respectado e admirado. Esa é a nosa ilusión e por ela traballamos. Mención especial aos xogadores e equipo técnico que onte defenderon as cores da Unión Deportiva Ourense. Uns homes que están a demostrar un gran sentimento ourensanista e que xa están na historia deste clube.

En canto ao partido pouca historia. No primeiro tempo os ourensanistas tardaron uns cinco minutos en asentarse no terreo de xogo, algo lóxico tendo en conta que se trataba do primeiro partido que xogaban xuntos sen levar tan sequera un mes de adestramentos. O Barbadás aproveitou para adiantarse no marcador estos momentos de indecisión dos azuis.

Unha vez asentados no campo os ourensanistas estiveron ben plantados nos Carrís, deixando mostras da súa calidade entre os aplausos do público. A segunda metade foi máis deslucida, algo comprensible coa gran cantidade de trocos nos dous equipos. O Barbadás aproveitou para anotar catro goles neste periodo, dous de penalti, e deixar o marcador no definitivo 5-0. Destacar que tras marcar Rafita ao estilo “panenka” un dos penaltis houbo unha pequena tangana ao recriminarlle varios xogadores do Ourense ese lanzamento.

Esta foi a primeira alineación da U.D.Ourense: Hector; Julio, Xurxo, Ramon Dacosta,Lucas Nieto; Adolfo, Diego Soto, Víctor Arias, Xaco, Roberto Almeida e Julio.

Lembrar que o domingo a Unión Deportiva Ourense xogará o seu primeiro partido oficial. Será as 19,00 horas no campo “Miguel Ángel” dos Remedios ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica. O partido corresponde aos 1/32 de final da Copa Deputación “B”. ¡Non faltes a esta cita coa historia!

Noticia: U.D. Ourense

 

Relacionado con: : ,