UD Ourense Tordoia Futbol FemeninoDestacado Es noticia Futbol 

U.D. Ourense golea a S.D. Tordoia na primeira feminina

Mónica, capitana das ourensanistas, retirouse seriamente lesionada tras sufrir unha dura entrada

U.D. Ourense 3 – 0 S.D. Tordoia

Crónica y fotos: U.D. Ourense

Vitoria das rapazas de Rubén García, que superaron ampliamente o Tordoia por un resultado de 3-0, que o final foi o de menos. A lesión de Mónica, tras unha dura entrada dunha rival, emborronou un partido con dominio claro das ourensás. A capitana deberá esperar o venres por unha resonancia, pero os peores informes apuntan a rotura do cruzado.

A UD Ourense acadou a súa segunda vitoria da tempada, pero o encontro quedou marcado pola grave lesión sufrida por Mónica, despois dunha entrada fea, das que non teñen cabida no fútbol e desas que sobran cando un encontro xa está decidido. O Tordoia recurriu o xogo duro na segunda metade e o resultado acabou sendo a grave lesión da capitana vermella. Según as primeiras valoracións, apunta a rotura de cruzado o que suporía unha baixa longa, o venres faráselle unha resonancia para coñecer o alcance da lesión.

UD Ourense Tordoia Futbol Femenino
Foto: U.D. Ourense

Centrándonos no encontro, as nosas sairon dispostas a demostrar que non ían especular ante un equipo que acababa de descender de categoría nacional. Boa entrada no estadio Miguel Ángel, onde máis de 100 ourensanistas déronse cita para apoiar as rapazas do Ourense.

Sucedéronse as ocasións desde o primeiro minuto, con internadas por banda de Hele e Laura, que recibían balóns en profundidade de Dana e Mónica. Deste xeito chegaban as primeiras ocasións para Zaira, que non acertaba na definición.

Aos 20 minutos, Hele plantábase dentro da área, pero o seu remate marchábase alto e desviado da meta visitante . Era o preludio do gol, que chegaba no minuto 26, tras un despexe da porteira desde fora da área, que recollía Laura en tres cuartos de campo e desde ahí non dubidou en conectar de primeiras un disparo, que superaba á porteira por alto para aloxarse no fondo da rede.

O gol non fixo que baixaran o ritmo as nosas, que continuaron creando ocasións claras. Pasada a media hora, un disparo de Hele desde dentro da área volvía a irse alto por pouco. Sucedíanse as ocasións e, primeiro Hele entrando por banda esquerda daba o pase da morte que non chegaba a rematar Zaira, e logo Pacy entrando pola banda contraria centraba desta vez para Hele, que remataba frouxo e atallaba a porteira. A continuación era Dana a que se adentraba ata o borde da área pequena pola esquerda, pero o seu remata ía tamén ás mans da porteira.

Co primeiro período a punto de expirar, Laura recibía un pase en profundidade de Mónica para facer o dous a cero cun disparo axustado ao pau dereito, que supoñía tamén o segundo na súa conta particular.

Chegabamos así ao tempo de lecer, coa sensación de ter perdoado unha goleada moito maior, pero co partido ben encarrilado. O segundo tempo comezaba como rematara o primeiro, coas nosas buscando sentenciar o encontro. Así chegaba o terceiro ao transformar Zaira un penalti cometido sobre Hele.

Co 3-0 comenzaban as de Tordoia a endurecer o xogo e Mónica recibía unha forte tarascada na perna de apoio nun balón dividido. Ante os gritos de dor da capitana, o árbitro autorizaba a entrada de Adolfo para atendela. A primeira valoración do fisio aconsellou a súa substitución, sendo Sofía a que entraba ao terreo de xogo.

UD Ourense Tordoia Futbol Femenino
Foto: U.D. Ourense

Mentras Adolfo atendía a Mónica na banda, tivo que ingresar novamente ao campo esta vez para atender a Hele, que sufríra tamén unha forte entrada castigada con cartón amarelo. Ingresaba no terreo de xogo Nerea en substitución de Zaira antes de que Laura tivese outra ocasión clara, que enviaba fora por pouco.

As tordoienses continuaban a impoñer un xogo duro ante o fútbol de dominio que desplegaban as nosas e Hele recibía outra dura entrada acompañada de improperio que o árbitro non escoitou porque ainda que sinalou a falta non castigou a agresión. Xogo duro para repelir a superioridade vermella, algo que non debería primar no mundo do balompé, pero que parece que algúns non aprenderon a lección de fair play.

A falta de 10 minutos Rubén daba entrada a Aldara por Aída e xa nos últimos minutos Silvia substituía a Celia e Paula entraba por Noe. O final vitoria contudente, pero emborroada pola lesión de Mónica, a que desexamos unha pronta recuperación e agardamos que os peores temores non rematen por concretarse.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: