Es noticia Futbol 

U.D. Ourense golea a Alertanavia (5-1) e sitúase na terceira praza

U.D. Ourense 5 – 1 Alertanavia

Goleada en Velle da U.D. Ourense na liga femenina ante o Alertanavia. Unha vitoria que as sitúa como terceiras na taboa clasificatoria, empatadas a puntos co Portonovo, e a catro das segundas, o Valladares. Restan solo tres xornadas para o final da liga.

E dous de estos equipos agardan as ourensanas nas vindeiras xornadas. Despois do parón de Semana Santa tocará viaxar ata Vigo para enfrontarse ó Valladares. O domingo seguinte recibirán en Velle ao Portonovo.

En canto ao partido ante o Alertanavia destacar a superioridade das xogadoras ourensanas.

No primeiro tempo xa quedou practicamente sentenzado o partido co 3-0 co que se chegou ao final do periodo inicial. Hele, que entrara por Ches debido a súa lesión no minuto 10, marcou o 1-0 no minuto 17 ao recoller o rexeite da porteira visitante tras tiro de Laura, que hoxe xogaba na punta do ataque. Foi ela a encargada de facer os dous goles seguintes nos minutos 33 e 36 que practicamente sentenciaban o encontro.

Na reanudación as vigueses saen máis decididas e conseguen recurtar distancias aos catro minutos por medio de Andrea. Tras un momento de desconcerto as locais recobran o control e o dominio do partido para pechalo con dous goles máis na recta final obra de Cae (minuto 81´), de tremendo disparo por toda a escadra, e de Aldara (minuto 88´).

Alineación: Noe; Ches (Hele, 14´) (Aldara, 86´), Pacy, Lo, María; Dana, Cris; Lola (Zaira, 68´), Aida (Cae, 55´), Jani e Laura (Feijoo, 83´).

 

Crónica editada dende orixinal: O equipo feminino golea ao Alertanavia (5-1) e sitúase na terceira praza

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: