Escudo U.D. OurenseA Unión Deportiva Ourense non se resintiu do parón ligueiro, sumando a novena vitoria coa maior goleada da tempada ante o Castrelo de Miño. Un 12-0 que divirtiu a unha afección que segue enchendo os Remedios calquera día a calquera hora. Tamén foi unha tarde-noite reivindicativa. A volta ao campo do Couto é unha aspiración lexítima dun clube que ten máis de 1.000 socios e abonados e que necesitan dispor dunhas instalacións que os acollan de forma cómoda e segura.

As continuas desculpas e a dilación dunha solución que xa é urxente están crispando a unha afección que se sinte ninguneada e discriminada polas institucións que teñen que resolver este tema dunha vez por todas. 

En canto ao partido destacar o debut de tres xogadores na competición liguiera. Fabio (que xa xogara uns minutos no partido de Copa ante o Santa Teresita), Santi e Roberto Dacosta (nova fichaxe) xogaron na segunda metade, entrando tamén na historia do clube. Incluso Santi, mítico goleador vermello dos anos 90, conseguiu anotar o seu primeiro gol coa Unión Deportiva Ourense, demostrando que non perdeu o olfato de gol.

O resto do encontro resúmese nunha choiva de goles que aínda puido ser maior se os postes e algunha que outra ocasión incriblemente fallada polos locais non o evitan. Ao cuarto de hora Julio Salgado xa anotara un hattrick. Antes do descanso Xaco, Roberto Almeida e Lucas Nieto en dúas ocasións elevaron a conta a sete goles.

Na segunda metade Julio Salgado (anotou un póker de goles) e Xaco fixeron enseguida outros dous. Despois dun respiro chegou na recta final do partido outros tres goles en apenas tres minutos. Do 80 ao 82 anotaron Xaco (outro hattrick), Santi e Alberto, estes dous últimos estreándose como goleadores da Unión Deportiva Ourense. 

Agora só queda esperar que o próximo partido na casa, será ante o Sporting Carballiño, sexa no Couto. 

Polo Ourense xogaron: Héctor; Julio Álvarez, Alberto, Xurxo (Cristian Fernández, 50´), Lucas Nieto (Fabio, 46´); Valderas, Víctor Arias; Xaco, Roberto Almeida (Roberto Dacosta, 46´), Adolfo e Julio Salgado (Santi, 50´).

GOLES: 1-0 (7´): Julio Salgado 2-0 (9´): Julio Salgado 3-0 (14´): Julio Salgado 4-0 (21´): Xaco 5-0 (33´): Lucas Nieto 6-0 (37´): Lucas Nieto 7-0 (39´): Roberto Almeida 8-0 (49´): Julio Salgado 9-0 (56´): Xaco 10-0 (80´): Xaco 11-0 (81´): Santi 12-0 (82´): Alberto

Noticia: U.D. Ourense

 

Relacionado con: : ,