Es noticia Futbol 

A U.D. Ourense dí adeus ao título tralo empate ante o Ribeiro (2-2)

Foto: Yedra Seara

Publicado por: U.D. Ourense

Matemáticamente xa é imposible acadar o título de liga. A vitoria do Bande en Vilariño por 0-2 unida ao empate ante o Ribeiro no Couto eleva a sete os puntos de vantaxe do Bande a falta de tan só seis por disputar, o que non empaña a gran tempada realizada co ascenso á Preferente Autonómica no peto.

Este resultado adverso fraguouse nos primeiros dez minutos cos dous goles do Ribeiro. Nese tramo inicial a superioridade visitante foi evidente e con dous fogonazos colleron unha gran vantaxe no marcador. A pesares dos dous mazazos os ourensanistas non baixaron os brazos e pouco a pouco foron facéndose co partido buscando remontar este resultado adverso.

No último minuto da primeira metade Rubén Durán recurtou distancias cun gran lanzamento de falta. Este gol animou aos ourensanistas que na segunda metade pasaron a dominar completamente o partido, sen que o Ribeiro conseguira achegarse con perigo á porta defendida por Samuel.

A insistencia local obtivo o premio do empate no minuto 83. Omar rematou a porta baleira un mal despexe do porteiro visitante tras un centro lateral. Despois do empate apenas se xogou nada. O partido estivo constantemente interrompido polas perdas de tempo visitantes e por tres expulsións, Sergio por parte local e un xogador e un integrante do banco visitante. Cun curto desconto vistas as interrupcións habidas finalizou o partido co empate a dous goles.

Foto: Yedra Seara

La entrada Adeus ao título tralo empate ante o Ribeiro (2-2) aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: