Es noticia Futbol 

U.D. Ourense: Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA U.D.OURENSE

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 4 de maio de 2017, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Extraordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Proposta e aprobación, se procede, dos prezos dos carnés de socios e abonados da tempada 2017-18.
2.- Proposta e aprobación, se procede, de modificación dos Estatutos do club.
3.- Proposta e aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime Interno do club.
4.- Rolda libre de intervencións.

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

Enlace con la noticia original: Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: