U.D. Ourense: Apurando as opcións ao título na Manchica

Publicado por: U.D. Ourense

Está moi complicado, o Bande sácanos 5 puntos con tan só 12 en xogo, pero ata o final hai que loitar, este club non se entende doutro xeito que non sexa pelexando ata o derradeiro minuto.

Visitamos o campo do penúltimo clasificado, e virtualmente descendido a 2ª Autonómica, aínda que non matemáticamente. Está a dez puntos do terceiro pola cola, pero por si fora pouco os posibles arrastres de Preferente fan que o seu futuro na categoría sexa moi negro.

O seu desastroso comezo de tempada non presaxiaba nada bo, Sete derrotas consecutivas ao principio tendo que esperar ata a xornada 12 para conseguir a súa primeira vitoria afundírono na clasificación e nunca conseguiu levantar cabeza. Son o equipo máis goleado da categoría con 78 goles, aínda que ven porta con facilidade anotando 43 tantos a favor.

Nas últimas xornadas parecen que melloraron algo con vitorias na Peroxa e Maside, incluso lle plantaron cara ao líder Bande onde tan só cederon no segundo tempo despois de irse ao descando gañando por 1-0. Os últimos tres partidos perderon pero pola mínima e dando a cara ata o final. No partido da primeira volta vitoria ourensanista por un cómodo 5-1 no Couto.

Ao Ourense tan só lle vale a vitoria para manter a esperanza de dar caza ao Bande se é que o líder tropeza máis da conta nesta recta final de tempada.

Para este partido Antonio Dacosta non poderá contar con Marcos Sotelo, Fran Martínez, Xurxo, Unai e Samuel. O once máis probable que salte ao campo das Escolas será o formado por Lucas Sierra na porta; Otero, Julio Martínez, Tito Currás e Senén na liña defensiva; Aitor e Omar na medular; Xaco e Cristian Dacosta nas bandas; Rubén Durán na media punta e Adrián como home máis adiantado. No banco estará o porteiro xuvenil Martín, acompañado de Sergio, Toni, Diego Pousa e Hugo.

La entrada Apurando as opcións ao título na Manchica aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

 

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: