Es noticia Futbol 

Tropezo da U.D. Ourense no debut en Preferente

A U.D. Ourense tropeza no seu estreno en Rexional Preferente

Valladares 2-1 U.D. Ourense

Crónica: U.D. Ourense.

A U.D. Ourense tropeza no seu estreno en Rexional Preferente. O conxunto de Fernando Currás mereceu mellor sorte, pero non puido con un rival, o Valladares, que sacou proveito das súas ocasións e tirou de efectividade. O colexiado non axudou e equivocouse nalgunhas decisións coma a expulsión de Rubén Durán. Pese a todo, gran imaxe a amosada e un público fiel que encheu de color vermello as gradas da Gándara.

Chegaba o día do estreno e a ilusión desbordábase entre o ourensanismo. Movilización masiva rumbo a terras viguesas e moito colorido vermello nas gradas do estadio da Gándara, que se encheu para desfrutar dun encontro onde os locais quedaron anonadados coa afección ourensanista desplazada. Facía anos que non se vían as gradas locais así, tal e como comentaba o presidente.

O partido presentábase coma a primeira pedra no camiño cara un novo ascenso. Xa avisara Fernando Currás na previa que non ia ser un camiño de rosas e efectivamente non estaba nada equivocado. A categoría será complicada e todos os equipos sairán o 200%, pero o máis importante e seguir dando a boa imaxe que hoxe se amosou.

O técnico apostou polo XI habitual dos amigables máis importantes, pero cunha pequeña variación. Germán actuou de mediocentro defensivo e por diante del Luis e Rubén Durán. Pato foi o encargado de defender a meta e en defensa actuaron Josu, Codeso, Corzo e máis Oli. A tripleta ofensiva quedou a conta de Alfredo, Joni e Hugo Garcia.

O encontro non comezou da mellor maneira posible. Os locais sairon moi enchufados e os 10 minutos, Tomás inauguraba o marcador tras aproveitar un centro desde a banda para enviar o coiro o fondo da red. Non se renderon os nosos, quenes rápidamente se volcaron sobre a meta rival. Joni tentouno cun disparo lonxano e pouco despois cedeu un gran balón a Hugo, pero o dianteiro non conseguiu rematar.

Espoleaba a afección o equipo e chegaba o tanto do empate. Luis recuperaba un balón na medular e abría para Alfredo, quen dende a banda centraba o primeiro pao e alí aparecía Hugo para enviar o coiro o fondo da rede. 15 minutos pasaran de reloxo e o empate reinaba no luminoso, pero durou pouco a alegría. Os tres minutos, un saque de curruncho do Valladares remataba cun testarazo de Varo o fondo da rede. Posible falta sobre Alfredo no remate, pero o colexiado non decretou nada.

De ahí o final da primeira metade o monólogo foi ourensanista, que apostaba polo fútbol directo nun terreo de dimensións moi pequenas. Germán tivo o empate nun saque de esquina, pero un zagueiro salvaba baixo paus. Posteriormente era Hugo en boca de gol o que perdoaba o tanto.

Tras o paso por vestuarios chegou unha nova marcha máis dos ourensáns, que o deron todo en busca do empate. Joni foi un dos máis activos en ataque, asociándose moi ben con Hugo. Ambos gozaron de boas ocasións nos primeiros compases do segundo acto. Tamén o tentou Germán de cabeza, pero o gardarredes local despexaba o coiro.

Pasaban os minutos, pero o tanto non chegaba. Currás daba entrada a Bruno por Luis e a Unai por Joni, refrescando así o equipo. O monólogo era total, pero a pelota non estaba de quero. Entón xurdiu tamén a polémica co colexiado, primeiro o non sinalar un claro penalti sobre Pablo Corzo. Minutos despois expulsaba a Bruno por protestar, amosándolle a segunda amárela, nunha protesta bastante tímida do mediocentro ourensán. Pero o colmo chegou ca vermella directa a Ruben Durán, despois dunha falta para nada dura e no que o trencilla veu unha entrada agresiva. O partido non tivera apenas entradas duras e destacaba pola limpeza e nesta ocasión volvía a errar.

Con dous homes menos, os de Currás seguiron volcados e morerron na área rival cas botas postas. O final derrota, pero optimismo e boa imaxe tanto dos xogadores coma da afección, que non fallou a primeira cita da tempada. Agora toca pensar no partido do domingo no Couto fronte o Estradense, un dos rivais chamados a estar arriba e que chega tras golear por 5-0 o Ribeiro. Agradecer o Valladares o exquisito trato dado os nosos e desexarlles moita sorte no que resta de tempada.

Crónica: U.D. Ourense

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: