Destacado Es noticia Futbol 

Un San Martiño solidario dende a Unión Deportiva Ourense

Esta xornada a Unión Deportiva Ourense promoverá unha serie de accións solidarias nas que queren ser de axuda e apoio aos mais necesitados, nunha fin de semana tan sinalada para a nosa provincia como é o festexo do MAGOSTO.

U.D. Ourense – S.D. Nogueria (O Couto, Domingo as 17:00)

Entre os fins recollidos nos estatutos da Unión Deportiva Ourense, á marxe do estritamente deportivo, o club está comprometido a contribuir na axuda en distintas causas solidarias, fomentando a unidade e o apoio ante as necesidades sociais. Por isto, durante esta semana, e concretamente no novo derbi que desputarán contra a SD. Nogueira, desenvolverán as seguintes accións detalladas a continuación.

OPERACIÓN QUILO

Un anos máis temos o pracer de colaborar coa ASOCIACIÓN AMENCER na recollida anual de alimentos non perecedeiros, que esta recoñecida asociación ourensá distribúe entre os máis necesitados.

A recollida destes alimentos terá lugar nas portas de acceso ao estadio de O Couto, onde poderán depositarse os alimentos non perecedeiros que cada persoa desexe ou poida aportar. Tamén estará habilitada unha ucha para donativos, no caso de non poder levar alimentos. Haberá colaboradores de amencer nas portas para facilitar a recollida.
Con esta iniciativa, amosamos un ano máis o noso compromiso con esta asociación e cos máis desfavorecidos da sociedade ourensá. Dende o noso nacemento, sempre participamos nestas iniciativas solidarias, que coidamos vitais para o devir de todos os ourensáns.

SOLIDARIDADE cos concellos considerados como mais afectados polos LUMES sufridos recentemente.

  • Destinarase o 50% do recadado no sorteo das rifas desta xornada e ademáis haberá unha Fila Cero.

NÚMEROS DE CONTA

CARBALLEDA DE AVIA:

  • ES79 2080 5332 8131 1002 9879

CONCELLO DE MELÓN:

  • MATERIAL AGRÍCOLA   ES40/2080/5332/8031/1003/1115
  • FAMILIA DE MOCES       ES23/0238/8238/1707/7000/0147

A nosa entidade púxose en contacto cos Concellos de Carballeda de Avia e Melón, co fin prestar a nosa colaboración e ser útiles nas cuestións que ambos Concellos nos poidesen plantexar.

Concello de Carballeda de Avia

Necesidades que dende o Concello de Carballeda de Avia nos foron comunicadas, das 7 persoas en situación de emerxencia que por mor dos incendios o perderon todo.

– Roupa de vestir para 6 homes (tallas XL e XXL)

– Roupa para muller con obesidade (6XL).

– Roupa de cama: sabanas, mantas etc…

– Toallas, e menaxe de fogar en xeral…

– AUGA EMBOTELLADA.
Cos incendios, 15 parroquias das 19 que hai no concello quedaron incineradas, polo que agora os mananciais de auga non son potables.

Concello de Melón

O lume arrasou a maior parte da superficie do Concello, polo que o desastre ecolóxico deixou sen pasto, forraxe e os almacéns que se tiñan para dar de comer ao gando.

É preciso axudarlles a recuperar e manter o seu medio de vida, tanto das familias como dos animais. Tamén se precisa de maquinaria agrícola, pois quedou arrasada polo lume.

Tamén unha familia do pobo de Moces se viu afectada ó perder a súa vivenda.

Noticia: U.D. Ourense

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: