S.D. A Valenzá: Inapelable victoria verde no Seixo alaricano
Publicado por: A.D. Valenzá
Para dirixir o encontro, a delegación ourensá nominou a colexiada Vanesa Abadín Fernández, que pecou de excesiva meticulosidade en canto á cor da indumentaria dos nosos xogadores. Indumentaria sen trocos nos derradeiros seis anos nos enfrontamentos cos alaricanos, consistente en medias Verdes; Pantalón Verde e camiseta Negra. Pois ben, para a colexiada, estas cores daban lugar a confusión no sintético obrigando ós nosos xogadores a xogar con indumentaria prestada de cor vermella. Coidamos que é preciso conformar un criterio único en canto as indumentarias e a súa interpretación sesgada por parte de cada colexiado. A modo de exemplo, imos ensinarvos as vestimentas dos derradeiros enfrontamentos entre os dous clubes para que poidades comparar.
A trencilla cos capitans Visi e Fernando |
A marxe deste incidente, nun encontro de guante blanco, en canto ó resultado final, tivo a necesidade de sinalar cartón amarelo para o adestrador Juan Carlos no bando locatario.
Os equipos formaron de inicio cos seguintes once titulares:
SUBSTITUCIÓNS:
Fíxose doado o encontro dende o primeiro momento. Entraron os nosos xogadores moi motivados e enchufados ó partido. Froito delo, as internadas de Carlos e Oli; as recuperacións de Viola e Jota e o inconmensurable traballo no medio campo de Manu, facían que o equipo alaricano mais que xogar despexase o perigo do borde da súa porteiría. A eficiencia no trato do balón inclinaba o campo dun xeito extraordinario para os hoxe «vermellos» obrigando a unha excesiva dureza nas entradas e marcas (11 faltas contra 4 nos primeiros 45 minutos); que supoñian un constante bombardeo de centros xogadas e remates do equipo visitante. Os datos 11 tiros a porteiría (9 entre os tres paus) para cumplir con un 0-2 tranquilizador no descanso da contenda.
Na segunda mitade, mais do mesmo, agardando a ver en que momento se voltaba a perforar a meta de Augusto e con escasa relevancia atacante para os xogadores locais (forzaron 3 saques de esquina e un solitario tiro a porteiría no segundo tempo) preocupados por tentar frear as acometidas constantes dos nosos Verdes.
Trocos no medio do campo con xogadores frescos como Adrián e Victor que amplificaron a diferencia de criterio co balón e que propiciaron co seu xogo a ras de chan que as oportunidades se multiplicaran e os goles engordaran o electrónico alaricano. Un «hat trick» de Oliver mais un premio a constancia e o esforzo dun bregador Carlos foron o culmen definitivo dun encontro moi ben xogado polos nosos xogadores e cun bagaxe de goles que poderán ser moi necesarios no «Goal Average» do fin da tempada.
Enlace con la noticia original: INAPELABLE VICTORIA VERDE NO SEIXO ALARICANO