Escudo U.D. Ourense

Roberto Dacosta, outro ex xogador de Clube Deportivo Ourense que se une ao novo proxecto da Unión Deportiva Ourense. O centrocampista de 33 anos xogará ao carón do seu irmán Ramón Dacosta e estará adestrado polo seu tío Antonio Dacosta.

Unha gran noticia contar con outro xogador de enorme calidade para facer aínda máis forte un cadro de xogadores que está rendindo a gran nivel tanto en liga como na Copa Deputación.

Roberto Dacosta é un xogador de gran calidade técnica que ademáis de xogar en C.D.Ourense B e C.D.Ourense tamén pasou polas categorías inferiores do Pabellón, do Celta de Vigo (onde foi internacional nas categorías inferiores da selección española), Lemos, Ponte Ourense, Arenteiro e Covadonga.

Noticia: U.D. Ourense

 

Relacionado con: : ,