Actividades Destacado Es noticia Futbol 

Recepción das obras de renovación do céspede e mellora dos campos de Os Remedios e Oira

No acto tivo lugar o descubrimento da placa conmemorativa que lle dá o nome de Miguel Ángel ao campo do pavillón dos Remedios

Recepción das obras de renovación do céspede e mellora dos campos de Os Remedios e Oira

Os campos de fútbol dos Remedios e Oira locen novo céspede artificial, con nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol, logo das obras de remodelación realizadas polo Consello Municipal de Deportes.

As obras dan resposta a unha perentoria necesidade, dado o deterioro acumulado polas instalacións, pola súa antigüidade e polo uso. Supoñen tamén un importante salto de calidade, xa que garante as mellores condicións para 1.600 deportistas que utilizan cada semana as instalacións. Grazas ao selo FIFA Quality Pro, ambos campos poderán ser escenario de partidos de fútbol internacional.

Asistiron ao acto o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o presidente da Federación Galega de Fútbol, presidentes dos clubs usuarios das instalacións, Representante da Dirección de Obra e da Adxudicataria, Mondo Ibérica SL.

Asimesmo tivo lugar o descubrimento da nova placa conmemorativa que lle dá o nome de Miguel Ángel ao campo do pavillón dos Remedios, en recoñecemento á excelente traxectoria do futbolista ourensán, porteiro da selección española e do Real Madrid Club de Fútbol.

A execución destes proxectos constou das seguintes partes:

  • Desmontado e retirada do céspede existente, con maquinaria especial, separación da área, e o caucho para a súa posterior reciclaxe, o depósito en xestor de residuos autorizado.
    Instalación dunha rede de rego con canóns de longo alcance.
  • Colocación dunha base elástica prefabricada de características necesarias para a obtención da certificación FIFA QUALITY PRO.

O céspede artificial, grazas á súa resistencia ante calquera condición meteorolóxica e frecuencia de uso tense consolidado como unha óptima alternativa á herba natural, moi útil para fomentar a práctica do fútbol. Xa que a calidade dos distintos sistemas dispoñibles no mercado varían considerablemente, para practicar fútbol só se admiten superficies sintéticas que superen as correspondentes probas de laboratorio e sobre o terreo conforme a estritos criterios do Programa de Calidade da FIFA: prestacións, seguridade, resistencia…

Para certificar o céspede artificial válido para fútbol, FIFA outorga o selo FIFA Quality a superficies que cumpren a normativa para terreos de uso comunitario e de fútbol amateur, mentres que o distintivo FIFA Quality Pro, pola súa banda, garante as mellores prestacións de xogo para o fútbol profesional, e é a que se vén de instalar nos campos de Ourense.

Colocación dunha nova manta de céspede sintético de 12.000 decitex (medida de resistencia empregada na industria téxtil) e 45 mm de longo monofilamento, lastrado con área de sílice e caucho.

O importe final das obras realizadas ascende a 219.802,68€ nas obras de Oira e de 201.308.21€, procedentes dunha modificación de crédito do remanente de tesourería do Consello Municipal de Deportes.

As obras foron financiadas integramente polo Consello Municipal de Deportes, con fondos procedentes de remanente de tesourería, por acordo unánime de todos os grupos políticos integrantes do consello reitor, e contaron coa colaboración da Federación Española de Fútbol. Dan resposta á demanda de equipos e deportistas, ocasionadas polo deterioro acumulado ao longo dos anos (o campo de Oira é do ano 2001 e a dos Remedios é de 2006).

Os prazos de execución cumpríronse estritamente. Deste xeito, os clubs que dos campos fan uso, non tiveron que modificar súas programacións da tempada a pesares das obras. A maiores das obrigas do contrato por parte da adxudicataria, esta está o mantemento dos pavimentos os vindeiros cinco anos, feito este que redundará na vida útil destas instalacións.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario