UDOurense Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Futbol 

Pérez Jácome lamenta el rechazo de la U.D. Ourense a la entrada de un grupo inversor en la entidad

O alcalde de Ourense considera que a UD Ourense perde unha oportunidade de futuro para o club

“O club de fútbol profesional Unión Deportiva Ourense renunciou a estar entre os 40 mellores clubs de fútbol de España”. Así se manifestou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, despois de que esta mesma semana fixese de mediador e impulsor, nunha reunión mantida no Concello entre o club e un importante grupo inversor portugués. O grupo pretendía pór en marcha unha estrutura deportivo-empresarial co obxectivo de que a UDO, que na actualidade milita na Terceira División española, accedese á Segunda División a partir da tempada 2021-22.

UDOurense Foto Nacho Rego

A disposición dos representantes do grupo portugués era inmediata, á vez que trasladaron que nesta mesma tempada chegarían á cidade polo menos dez futbolistas que non xogan de xeito habitual en clubs portugueses da primeira división, pero de contrastada calidade e proxección futbolística. Dese xeito pretendían garantir, xunto cos integrantes do actual equipo, o éxito deportivo.

Para o alcalde tratábase dunha “oportunidade de ouro”, xa que sen custe económico algún para o club e para as arcas do Concello, poderíase contar na cidade cun club deportivo “híper competitivo” que ilusionase máis a todos os afeccionados.

A oferta presentada, porén, foi rexeitada polos responsables do club ourensán, argumentando que os actuais estatutos do club non permitían ese cambio de rumbo. Un argumento que o rexedor entende é “peregrino”, xa que existen moitas fórmulas xurídicas para modificalos, como propoñían os avogados da promotora portuguesa, que os representantes da UDO non quixeron explorar.

Pérez Jácome di non entender como se pode rexeitar semellante oportunidade, que tería coma un dos seus principais obxectivos poder recuperar ese camiño de éxito que tivo no seu momento o C.D. Ourense, chegando a traspasar fronteiras, e tamén ofrecerlles un mellor espectáculo aos aficionados con desembolso económico cero. O rexedor lembra que “moitas veces, o tren só pasa unha vez na vida. Esta semana, ese tren pasou pola UDO”.

Recoñecemento e colaboración coa Unión Deportiva Ourense

Aínda así, o Concello de Ourense axudará o club ourensán para que teñan instalacións para adestrar, xa que un club de Terceira, cunha historia que fortalece a súas raíces deportivas na sociedade ourensá, e que conta con máis de 300 persoas na súa canteira, “non pode mendigar un campo”, en palabras de Jácome. Así, o alcalde comprométese a darlle resposta a esa situación, que considera é de xustiza deportiva e social, á vez que loa o labor que fixeron moitas persoas para reconstruír o club e ser capaces de xuntar a case 2.000 persoas en cada partido no estadio do Couto.

Sinala o alcalde que a proposta feita por representantes do grupo portugués non pode menoscabar o mérito do club, malia a pouca visión empresarial e comercial na que se move na actualidade o fútbol de elite -Primeira e Segunda División- e a falla de ambición que demostraron ter os representantes da UDO na reunión celebrada esta mesma semana. “Estamos a falar de fútbol profesional, é dicir, espectáculo deportivo en estado puro”, dixo Gonzalo Pérez Jácome.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.