Destacado Es noticia Futbol 

Ourense recibiu a os árbitros novos con maior proxección de Galicia

Comeza o programa cos árbitros novos, 25 árbitros menores de 20 anos, con maior proxección de Galicia

Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Novos

O Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol puxo en marcha esta tempada 2017/2018 a segunda edición Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Novos de Galicia, no que participan 25 árbitros menores de 20 anos das categorías de 1ª e 2ª Galicia, e que está coordinado polo Vicepresidente do CTA e responsable de Capacitación e Escolas Arbitrais José Luis Corral García.

O programa naceu coa finalidade de detectar aos árbitros con proxección dentro do fútbol base de cada Delegación, coa intención de orientalos e formalos para alcanzar a elite do fútbol galego e nacional.

O sábado, día 18 de novembro, o CTA organizou a primeira xornada de traballo cos árbitros seleccionados polo programa en Ourense. O día comezou coa realización das probas físicas no complexo deportivo Monterrei, nunha mañá cunha intensa néboa. Seguidamente, a actividade trasladouse a feira Sportur Galicia – Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra en Expourense, onde antes do xantar, os árbitros visitaron os diferentes stands.

A actividade retomouse pola tarde coa práctica de xogadas de vídeos dirixida polo director técnico do CTA, Julio Amoedo Chas, nunha das pistas centrais da feira. Os colexiados nesta proba tiveron que realizar un pequeno circuíto de axilidade en 15 segundos e unha vez finalizado éste, visualizar unha xogada nunha pantalla xigante onde catro compañeiros lle intentaban obstaculizar a visión, para finalmente tomar unha decisión técnica e disciplinaria conforme ao visualizado. Ao finalizar a proba recibiron a visita do presidente do Comité Olímpico Español (COE), Alejandro Blanco, que resaltou a importante labor dos árbitros no deporte e os animou a demostrar o potencial dos deportistas galegos.

O director técnico Julio Amoedo Chas finalizou as actividades cunha charla sobre as modificacións e aclaracións as regras de xogo para a tempada 2017/2018; para acto seguido o presidente do CTA Bernardino González Vázquez clausurar a intensa xornada de traballo levada a cabo en Ourense.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario