Memorial Pepe NóvoaDestacado Es noticia Futbol 

Oira reunirá el día 11 a U.D. Ourense, Ourense CF y Lugo B en el Memorial Benéfico Pepe Nóvoa

Memorial Pepe Nóvoa

O campo municipal de Oira acollerá o sábado, 11 de agosto, o Memorial Pepe Nóvoa, no que participarán os primeiros equipos da Unión Deportiva Ourense, Ourense Club de Fútbol e o Club Deportivo Lugo B.

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación deste certame, que terá carácter benéfico, xa que a totalidade da recadación por venda de entradas, ao prezo de 5 euros, será doada á Asociación Española contra o Cancro de Ourense, con destino ao seu programa de axudas económicas de emerxencia para persoas en situación de vulnerabilidade e risco social.

O Memorial comezará ás 18:00 horas, co partido CD Lugo B – UD Ourense, continuará ás 19:00h, co CD Lugo B – Ourense CF e rematará ás 20:00h co partido entre os dous equipos ourensáns, UD Ourense- Ourense CF.

Memorial Pepe Nóvoa

Participaron na presentación Mario Guede, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Alejandro Nóvoa Martinez, organizador do triangular e fillo de Pepe Nóvoa, Rubén Conde, secretario da UD Ourense, Camilo Díaz, presidente do Ourense CF e Isidora Gómez, presidenta de AECC Ourense.

Noticias relacionadas