partido cancroActividades Destacado Es noticia Futbol 

O sábado 19 «Mételle un gol ao cancro de mama» con Lucía Pérez encargada do saque de honra

Salesianos, sábado 19 (12:30): «Mételle un gol ao cancro de mama»

As Xuventudes Socialistas xunto coa Escola Feminina de Fútbol Rosalía –única escola de fútbol feminino de Ourense- e en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro organizan o partido benéfico de fútbol baixo o lema “Mételle un gol ao cancro de mama”, para recoller fondos en beneficio da loita e investigación contra o cancro de mama.

O saque de honra do partido será realizado pola cantante e presentadora galega Lucía Pérez -representante de España en Eurovisión 2011- artista comprometida coa loita pola igualdade e contra a violencia de xénero e exercendo traballos neste ámbito como a xira “A Roda da Igualdade”, proxecto no que se atopa na actualidade. Ademais de presentar o programa da TVG “A liga dos cantantes extraordinarios”.

O partido xogarase o vindeiro sábado 19 de outubro – día mundial da loita contra o cancro de mama- ás 12:30 horas no campo de fútbol do colexio Salesianos. Os equipos estarán formados polas rapazas do EFF Rosalía (e os filiais da súa escola) e o equipo “Mulleres de Ourense”, formado por mulleres de diferentes ámbitos da sociedade ourensá (política, prensa, educación, asociacionismo e deporte) o cal contará con Fernando Currás- entrenador da UD Ourense- e Fran Justo –entrenador do Ourense CF – como entrenadores. Tamén contará coa colaboración da Federación de Árbitros.

As entradas, cun importe de 5€, irán destinadas á investigación, poden obterse nos seguintes puntos de venta: Sede da AECC Ourense (c/ Curros Enríquez, 26 1º izq), Sede do PSdeG-PSOE de Ourense (c/ Ribeira de Canedo, 24-26), Oficina municipal do PSOE (C/Barreira, s/n), na Asociación Xuvenil Amencer (Pza/ Don Bosco, 1) e no campo do club deportivo Velle. Durante o descanso e co número asignado na entrada realizarase un sorteo de camisetas doadas pola empresa Be Happiness – entidade colaboradora co partido. Ademáis, cabe a posibilidade de participar mediante a donación cunha fila 0 para todas aquelas persoas que non poidan asistir ao partido pero sí estean interesados en contribuir na causa. Poderán realizar unha donación na conta (ABANCA ES68 2080 0475 5630 4000 0077).

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: