O Pabellón Xuvenil segue firme e doblega ó colista Astur
Terceira vitoria consecutiva do Pabellón cun dobrete de Gorka e un golazo de Rivero que deixan a permanencia máis preto
Pabellón Xuvenil «A» 3 – 1 Astur C.F.

Os pabellonistas encadearon a terceira vitoria consecutiva -acumulan catro sen perder- ao superar nos Remedios ao Astur, colista do grupo. O partido era moi importante para os branquiverdes para chegar a 26 puntos a estas alturas da competición e ao final o triunfo quedou na casa non sen pasar un susto nos minutos iniciais cando un disparo do asturiano Abel petou na base do poste da meta defendida por Rubén.
O gol de Gorka ao fío do cuarto de hora de xogo deu tranquilidade ao cadro local nunha fase na que os visitantes tiveron maior control do balón e os pabellonistas saíndo á contra. Cando se consumían os últimos instantes da primeira parte Gorka estivo a punto de anotar o segundo pero o meta Fari evitou o tanto desviando o seu remate. Ao descanso chegaríase co 1-0.
A segunda metade non puido comezar mellor para o Pabellón xa que no primeiro minuto Rivero aproveitou un bo servizo de Jorge para cun forte disparo anotar o 2-0. Un golazo do limiao. O tanto deu aínda máis tranquilidade aos ourensáns pero o Astur, que viña xogándose posiblemente o último cartucho para non quedarse descolgado na zona de descenso, nunca baixou os brazos.
Os branquiverdes ampliaron a renda ao anotar Gorka un claro penalti que lle fixeron para colocar o 3-0. Parecía que co tanto a cousa quedaba sentenciada pero un minuto despois o asturiano Chus puxo o 3-1 con case vinte minutos por diante. Intentouno o Astur pero os pabellonistas, que acabaron xogando con dez uns dez minutos, mantiveron á raia ao rival e o marcador non se movería máis e a salvación está máis preto. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Racing de Santander o domingo (12 horas) na Albericia.
PABELLÓN (2): Rubén, Otero, Gonzalo (Juan, m.65), Germán, Jordi, Torres (Pitu, m.80), Jorge (Siño, m.69), Julio, Rivero (Nespereira, m.67), Pablo e Gorka.
ASTUR (1): Fari, Secades (Fredo, m.65), Pablo, Peña (Luis, m.84), Suárez, Hugo, Abel, Luismi, Chus, Pablo Mazo (Sergio, m.65) e Riki (Cris, m.84).
GOLES: 1-0, m.16: Gorka. 2-0, m.46: Rivero. 3-0, m.69: Gorka. 3-1, m.71: Chus.
Pabelloncf.com