O I Partido Benéfico de Fútbol Feminino reivindicará o papel da muller no deporte
A recadación adicarase a fundación Pequeños Superhéroes
- A concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz Abella, destacou a importancia da cita “máis aló do deportivo”.
- Celebrarase o 8 de marzo no campo de fútbol Miguel Ángel, no Pavillón dos Remedios, e enfrontará a un equipo integrado por mulleres representativas da sociedade ourensá co E.F.F. Rosalía de Ourense.
- A recadación destinarase á fundación Pequeños Superhéroes, abandeirada polo pequeno Rafael Rodríguez Noguerol, que padece unha miopatía miotubular, enfermidade neuromuscular que afecta a totalidade do seu corpo.
O I Partido Benéfico de Fútbol Feminino reivindicará o papel da muller no deporte e recadará fondos para a investigación das enfermidades raras
Ourense reivindicará o papel da muller no deporte a través do I Partido Benéfico de Fútbol Feminino, un evento deportivo e benéfico que se celebrará o vindeiro 8 de marzo dentro dos actos do Día da Muller. A cita será ás 10:00 horas no campo de fútbol Miguel Ángel do Pavillón dos Remedios, e enfrontará o equipo do EFF Rosalía de Ourense con outro formado por mulleres representantes da sociedade ourensá.
A concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz Abella, destacou na presentación a importancia do partido: “É un deporte tradicionalmente masculino, pero isto vai máis alá do deporte”, dixo. Agradeceu a colaboración do E.F.F. Rosalía, representada polo seu presidente, Mario Gómez, xa que “reúne os valores e requisitos necesarios: o compromiso, a superación e o esforzo”.
A recadación íntegra destinarase á fundación Pequeños Superhéroes, abandeirada polo pequeno Rafael Rodríguez Noguerol, que padece unha miopatía miotubular, enfermidade neuromuscular que afecta a totalidade do seu corpo.
As entradas estarán á venda nas oficinas dos grupos políticos do Concello e da Deputación de Ourense e na sede social do E.F.F. Rosalía. Ademais, habilitarase unha fila 0 para as doazóns: ES26 0081 0075 9500 0153 0560