Es noticia Futbol 

O CD Velle renderá homenaxe á ourensá Vanessa Sotelo, recente gañadora do Campionato de Europa de Fútbol Sala

Monte da Aira, 18h do Venres 15 de marzo

O vindeiro venres día 15 ás 18h o CD Velle rendera homenaxe a recente gañadora do Campionato de Europa de Fútbol Sala a xogadora ourensá Vanessa Sotelo.

Tratase desta forma de recoñecer a dilatada e exitosa traxectoria desta xoven deportista que comezou a súa andadura na categoría benxamín da Escola de Fútbol deste clube.

Ainda que xa choveu dende entón, Vane Sotelo conta os seus 23 anos cun dilatado palmarés deportivo no que destaca o Campionato de España Infantil de fútbol sala coa Selección Galega.

Debút con 19 anos coa selección española nun partido amistoso contra Hungría. Logrando neste período internacional coa selección dúas botas de ouro, nos mundiais disputados en Costa Rica e Guatemala. Estivo ademais, nos anos 2014 e 2015, nominada como mellor xogadora do mundo, finalizando en sétima e terceira posición respectivamente.

Vanessa Sotelo de nuevo titular y de nuevo marcando para España (Foto: torneomundialfemeninofutsalcostarica2014.com)

Sendo neste 2019, como dicimos,  gañadora da primeira Eurocopa de fútbol sala femenino, e primeira xogadora en anotar un gol no citado campionato. No que ademais redondeou a súa competición o ser elixida mellor xogadora do torneo. E ademais a actual pichichi do campionato de liga española.

A esta xa deslumbrante andadura temos que engadir o título de Deportista Galega Absoluta que lle otorgou o Goberno Galego na Gala do Deporte do ano 2015.

A Escola de Fútbol de CD Velle quere desta forma unirse os recoñecementos que esta deportista, e veciña de Velle, está recibindo polos seus logros deportivos. Destacando a parte emotiva desta homenaxe, por unha parte por un clube que se sinte moi orgulloso dos éxitos dunha xogadora que comezou a dar os seus primeiros pasos deportivos no Campo de Monte da Aira (Velle). Pero tamén pola intima relación que garda Vane Sotelo co clube o formar parte o seu pai, Francisco Sotelo, da actual xunta directiva do clube.

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.