Destacado Es noticia Futbol 

O Arenteiro celebra os seus 60 anos de historia

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, entregoulle ó club unha placa conmemorativo de este momento histórico

Noticia: futgal.es

O Club Deportivo Arenteiro cumpriu 60 anos. O club preparou unha xornada conmemorativa coincidindo co partido de liga contra o Boiro e, por suposto, contou coa presenza da Real Federación Galega de Fútbol, representada polo presidente Rafael Louzán, que estivo acompañado polo vicepresidente José Manuel Fernández Cid e polo delegado en Ourense, Raúl Rois.

Os actos comezaron visitando a exposición fotográfica que o club preparou para recordar graficamente estes 60 anos de historia. Logo houbo un acto institucional no Concello, un xantar e finalmente todos se trasladaron ó campo do Espiñedo para presenciar o partido de liga contra o Boiro. Nos prolegómenos o presidente da RFGF entregoulle ó presidente do club, Xan Pinal, unha placa conmemorativa deste momento histórico.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.