Gradas Os RemediosDestacado Es noticia Futbol 

Melloras na bancada do campo Miguel Angel

Desde esta mañá estase a instalar a nova bancada, cun total de 600 prazas na grada cuberta

Melloras na bancada do campo Miguel Angel

Desde a mañá de hoxe estanse a colocar os novos bancos no campo de fútbol Miguel Angel do Pavillón dos Remedios. Un total de 600 é a cantidade de asentos que cubrirán a grada cuberta dunha instalación na que hai uns meses renovábase a herba sintética, que tamén se renovou no campo de Oira. A mellora de ámbolos dous campos permitiu, tamén, obter o certificado FIFA4 e que se poidan realizar partidos de maior nivel competitivo.

Esta actuación, en beneficio dos máis de 1.600 espectadores que cada semana pasan a presenciar partidos ou adestramentos, nace froito do convenio firmado entre o Concello de Ourense e a Federación Galega de Fútbol, por importe de 80.000 euros, para financiar os proxectos.

Os campos de fútbol dos Remedios e Oira locen desde finais de novembro novo céspede artificial, con nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol, logo das obras de remodelación realizadas polo Consello Municipal de Deportes.

Noticias relacionadas