Destacado Es noticia Futbol 

Los juveniles del Pabellón no fallan en casa

El buen redimiento como locales permite a los pabellonistas mantenerse quintos en su grupo de la Liga Nacional Juvenil

Pabellón C.F. 3 – 1 Arousa

Crónica: Pabelloncf.com

Vitoria xusta nos Remedios para os branquiverdes contra un correoso rival

Tres puntos máis para o Pabellón despois de superar (3-1) a un correoso Arousa nos Remedios nun partido no que os locatarios comezaron moi ben creando varias oportunidades para marcar, incluído un gol fantasma, ata que Ferreiro abriu o marcador (1-0) nunha boa asistencia de Óscar Bravo.

Parecía, e tal como estaba a desenvolverse o choque, que os pabellonistas obterían un triunfo cómodo. Sen embargo, un desliz defensivo poucos instantes máis tarde derivou na acción do empate (1-1) para os visitantes.

Tardou en asimilar a situación o cadro local, pasando a desenvolverse con máis soltura no campo o rival. Ata o último terzo da primeira metade non aparecería de novo o Pabellón, que pasou a crear varias ocasións de gol para haberse marchado con vantaxe ao descanso. Raúl, Ferreiro, Óscar Bravo foron os protagonistas desas accións incluíndo un gol anulado a Carlos Villar.

Na segunda parte os branquiverdes saíron máis entoados levando perigo á meta dos de Vilagarcía pero sen atinar nos metros finais. A insistencia permitiulle recobrar o mando no marcador cun tanto (2-1) de Óscar Bravo a servizo de Yago e posteriormente Raúl colocaría o definitivo 3-1 cun bonito gol. Incluso despois houbo oportunidades para ampliar distancias.

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: