UDOurense-OurenseCF Juvenil Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Futbol 

LN Juvenil: Derbi para el Ourense CF frente a la UD Ourense y dolorosa derrota para Pabellón CF

U.D. Ourense 0 -2 Ourense C.F.

Partido de rivalidad local el disputado en Oira entre la Unión Deportiva Ourense y el Ourense C.F. correspondiente a la Liga Nacional Juvenil.

Dos goles casi consecutivos (54′ y 57′) en la segunda parte de Gustavo daban la victoria a un Ourense CF que veía como se le complicaba el tramo final del partido con la expulsión de Tumbeiro por doble amarilla. No se movería el marcador

UDOurense-OurenseCF Juvenil Foto Nacho Rego
Foto: Nacho Rego

Un resultado que prolonga el bache de los rojillos -cuarta derrota consecutiva- y da aire a unos blanquinegros que no acababan de volver a la senda de los triunfos.

Pabellón CF 1 – 2 RC Deportivo «B»

  • Derrota doloroso e totalmente inxusto nos Remedios do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil nos Remedios a mans dun RC Deportivo «B» que anotou dous goles no desconto (1-2). Iago Varela fixo o tanto local.

Crónica: Pabellón CF

Cruel revés dun conxunto pabellonista que fixo un partido enorme cun brutal desgaste para manter á raia a un rival que se atopou con tres puntos no desconto. Na primeira metade os herculinos tiveron máis balón pero sen chegar a crear perigo sobre a meta local, cun excelente traballo defensivo dos de Cándido Gómez nos balóns directos aos que se viu obrigado a utilizar o adversario ante a presión en primeira liña dos locatarios.

Pabellon-Juvenil-Deportivo-Foto-David-Martinez
Foto: David Martinez

Pasado o ecuador do primeiro tempo os pabellonistas comezaron a levar perigo a portería herculina, de maneira especial co binomio Osián-José Ramón na banda esquerda. O primeiro deles tivo unha gran oportunidade nun disparo que petaría no lateral da rede minutos antes de que chegase o gol de Iago Varela. A acción veu nunha internada de José Ramón que foi desviada por un defensor local e o rexeite aproveitaríao o dianteiro ourensán para colocar o 1-0 pouco antes da media hora de xogo.

Osián tivo nas súas botas o segundo nun servicio de José Ramón noutra internada pola banda, pero o seu disparo a quemaroupa foise alto. Pouco despois chegaría o descanso con esa vantaxe mínima.

Na segunda parte os deportivistas apretaron máis cuns bos minutos iniciais que obrigaron aos nosos a dobregarse no traballo defensivo. Pasado o temporal as cousas volveron a igualarse cunha tremenda loita na zona central do campo. Transcurrían os minutos e o Deportivo víase impotente en ataque ante a solvencia defensiva local e incluso puido chegar o segundo dos pabellonistas nunha acción de estratexia que deixou só a Iago Ribao diante do meta rival pero o seu disparo foise fóra lamendo a cepa do poste.

Tráxico final

No primeiro minuto do desconto chegaría o empate. Unha falta lonxe sacada polo porteiro herculino, tras adiantar o balóns uns cantos metros do lugar donde se producira a falta, acabou bombeada ao borde do área local e o despexe dun defensor chegou aos pés dun contrario rematando raso para que o balón acabase dentro da rede.

A cousa aínda non terminaría ahí xa que no minuto tres desconto outro balón colgado sobre un lateral do área branquiverde provocou unha indecisión entre en os nosos á hora de despexaro o balón e alí apareceu o pé dun adversario para anotar o 1-2, selando un final moi cruel para os nosos, merecedores de mellor fortuna. Un aplauso a todo o equipo polo seu traballo e unha pena o resultado final. Moi inxusto.

Despois deste marcador o equipo é cuarto na táboa con 17 puntos. Na próxima xornada visitan ao CD Lugo «B».

Noticias relacionadas