La EFF Rosalía afronta el reto de superar al Umia CF
EFF Rosalía – Umia CF “B”
(Domingo, 12:00, Monte da Aira)
- Para Iván Canal “é un partido clave que nos vaia enfrentar a un dos mellores equipos da categoría despois do Chispa e o Pereiró ”.
Iván Canal atendeu aos medios de comunicación na previa da novena xornada de competición que enfrentará a EFF Rosalía fronte ao Umia CF “B” na mañá do domingo no Monte da Aira. O técnico dixo: “O Umia creo que está entre os tres ou catro mellores equipos desta categoría e vai a ser un partido clave e considero que vai a ser o partido máis complicado ata o nadal porque vai a marcar se imos a estar arriba entre os cinco primeiros ou non, xa que estamos ahí todos pegados”.
Rival enganoso
“Un equipo que como é filial do
Umia de nacional sempre pode baixar a algunha xogadora e dar a sorpresa
contra calqueira equipo. Xa é un rival complicado, un rival que sempre
está nos postos de arriba e máis este ano, que ten un equipo en nacional
e pode dar a sorpresa con calqueira tipo de xogadora que baixe do
primer equipo”.
Noui
“Expulsárona o outro día por unha acción
dudosa, a rapaza estaba nerviosa pero eso non xustifica o que fixo, é
unha xogadora moi xoven e acabou expulsada. Caeronlle cinco partidos e
Noui é unha xogadora moi importante para nós, é unha das mellores
xogadoras da plantilla, ademáis pode xogar en varias posición, ten gol,
regate, desborde. Será unha baixa importante e temos que mirar como
suplimos esa carencia arriba ainda que temos xogadoras que nos poden
aportar prácticamente o mesmo pero será unha baixa importante”.
Sudoku defensivo
“Esta semana consideramos que as
rapazas que estaban de baixa vanse recuperar algunas. A ver se podemos
contar con Feijóo, Isis, Cae e así suplimos a baixa de Noa con algunha
delas arriba. A ver se podemos facer un cambio de esos e non se nota
moito a ausencia de Noui”.
Polémica co Vilariño
“Son unha persoa que son o
mesmo adestrador que a mesma persoa que son. Son unha persoa moi clara,
moi sincera e intento sempre respectar aos demáis, a veces se consegue e
outras non pero quen se de por aludido é seu problema. Eu ao partido
fun co mesmo, respetar aos rivais, xogar limpo e nada máis. Os demáis o
que fagan, a verdade, dame igual porque cada un ten os seus valores e eu
teño uns valores que intento recalcalos nas rapazas e por esos valores
morro. Teño moi claro cómo quero que xoguen as miñas rapazas e como
quero que afronten os partidos e cada un é libre de facer o que queira.
Eu non comparto facer dano aos demáis, que non digo que esa fose a sua
intención pero non comparto que vaian con intención de facer dano a
ninguna rival, nin meterlle presión as rapazas para que xoguen sucio nin
nada polo estilo e menos tampouco quero marcar a unha xogadora de
maneira individual en todo o partido porque, primeiro, a rapaza non vai
aprender nada, segundo, non creo que se divirta e terceiro, elas
fixérono e perderon o partido o séa que non supuxo moito ao seu favor”
Xornada de descanso
“Nós temos que intentar,
primeiro xogar ben, se xogas ben é máis sinxelo gañar e segundo, temos
que competir e para competir, intentar gañar. É un partido moi
importante porque se perdemos son tres puntos que se escapan e logo
descansamos, son seis puntos xa. Non podemos descolgarnos dos postos de
arriba, temos que ir ao partido con todas as gañas e toda a intensidade
para poder conseguir os tres puntos e se os conseguimos imos a estar
arriba entre os cinco primeiros ata nadal seguramente. Se perdemos non
creo que estemos entre os cinco primeiros porque logo xogamos contra 4
ou 5 equipos que están na metade da táboa e todos teñen 15 puntos e
algún cun partido menos e vai a estar moi compricado porque perdes un
partido e méteste xa abaixo, entón hai que ir a polo partido a gañar”