Xinzo Pabellon Nadal Foto David MartinezDestacado Es noticia Futbol 

La EDC Xinzo se impone en el 27º Torneo Nadal Benxamín

27º Torneo Nadal Benxamín – CO.SA.GA.

  • A EDC Xinzo de Limia proclamouse campión do 27ª Torneo Nadal Benxamín – CO.SA.GA. ao superar con autoridade na final (4-1) ao Pabellón CF no torneo reservado para os equipos e 2ª Autonómica.

Texto: Pabellón CF – Fotos: David Martínez/Ourense Deportivo

Os limiaos foron claros vencedores dunha final que tiveron controlada en todo momento. Ao descanso xa mandaban pola mínima (1-0) e no arranque do segundo tempo conseguiron dous goles máis que deixaron as cousas moi complicadas para os pabellonistas.

Xinzo Pabellon Nadal Foto David Martinez
Foto David Martinez

Os branquiverdes viron algo de luz cando recortaron distancias, pero o rival asestaría un duro golpe co cuarto que foi definitivo. A EDC Xinzo eliminara nas semifinais ao CD A Purísima nos penaltis logo do empate (2-2) e os anfitrións ao CD Rúa (1-0).

Purisima Rua Nadal Foto David Martinez
Foto David Martinez

O equipo valdeorrés acabaría na terceira praza despois de superar ao conxunto colexial (3-0) na consolación. Precisamente o conxunto do CD A Purísima levouse o trofeo á Deportividade e Adrián Anta (CD Rúa) o de mellor xogador.

Cadro final do torneo

Clasificación Equipo
CAMPIÓN EDC XINZO DE LIMIA
SUBCAMPIÓN PABELLÓN CF
TERCEIRO CD RÚA
CUARTO CD A PURÍSIMA
QUINTO ED OURENSE
SEXTO OURENSE CF
SÉTIMO CD ARENTEIRO
OITAVO EDC VERÍN
NOVENO PABELLÓN PROMESAS
DÉCIMO AD BOSCO
UNDÉCIMO CP CALASANCIO
DUODÉCIMO EDC BARBADÁS
DEPORTIVIDADE CD A PURÍSIMA
MELLOR XOGADOR ADRIÁN ANTA (CD RÚA)

Noticias relacionadas