L.N. Juvenil: Pabellón CF con paso firme hacia el ascenso. Sin puntos para Ourense CF y UD Ourense
Porriño Industrial 0 – 1 Pabellón CF
- Tres puntos máis para o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil despois de vencer (0-1) no campo de O Lourambal ao Porriño Industrial cun gol de Bryan
Non quería sopresas a expedición pabellonista nesta visita ao colista da categoría, tendo en conta ademáis que o Porriño viña de gañar a domicilio a un Pontevedra candidato ao ascenso. Os de Cándido Gómez, que acumulan dez xornadas sen perder, fixeron un partido práctico con obxectivo de manter a súa portería a cero -tres consecutivos sen encaixar- e intentar aproveitar algunha das ocasións que se lle presentase.

Cunha excelente labor defensiva dos branquiverdes a confrontación foi consumindo minutos e despois de chegarse ao descanso sen novidades no marcador, no arranque da segunda parte Bryan adiantaría aos nosos. A partir de ahí os locatarios buscaron a igualada pero un hermético Pabellón apenas deu opcións para iso e incluso tivo as súas para aumentar distancias. Ao final o marcador non se movería e os puntos viñeron para Ourense.
Consumidas vinte xornadas de competición o equipo ocupa a terceira praza -primeira de ascenso- con 39 puntos, un máis que o CD Areosa, que será o próximo rival nos Remedios.
OURENSE C.F. 1 – 2 R.C. DEPORTIVO SAD «B»

Goles:
- 0 – 1 Hugo Urdiales (9′)
- 1 – 1 Javier Gallego (46′)
- 1 – 2 Hugo Padín (66′)
E.F. LALIN 4 – 1 U.D. OURENSE

Goles:
- 1 – 0 Manuel Vilariño (49′)
- 2 – 0 Joseph Javier Daskal (62′)
- 2 – 1 Daniel Arias (80′)
- 3 – 1 Iker Calvo (85′)
- 4 – 1 Alex Toimil (90′)