Ourense CF Pabellon CF Juvenil Foto MartinezDestacado Es noticia Futbol 

L.N. Juvenil: Pabellón remonta al Ourense CF por dos veces para firmar tablas

Ourense CF 2 – 2 Pabellón CF

Texto: Pabellón CF – Fotos: Ourense Deportivo

Os de Cándido Gómez tiveron vantaxe no por dúas veces sempre con resposta do cuadro local. Marco abriu moi cedo o marcador -minuto seis- para a escuadra pabellonista pero os locatarios empatarían aos vinte minutos de xogo despois de aproveitar unha serie de rexeites logo dun balón colgado ao área branquiverde. Con empate a un tanto chegaríase ao descanso.

Na reanudación novamente o conxunto branquiverde situaríase de novo por diante cunha volea de Osián dende fóra do área que acabaría dentro da meta rival cando se llevaban disputados nove minutos. O partido entraía nunha fase moi emocionante, cos locatarios buscando con ahínco o marco de Sampayo e os visitantes tratando de conseguir un gol que podería ser definitivo.

Ourense CF Pabellon CF Juvenil Foto Martinez
Foto David Martinez

Sería o Ourense CF quen tivo máis acerto para colocar de novo o empate a douses, de novo noutro balón colgado ao área pabellonista nunha acción de estratexia. Este gol concedería moita máis tensión e emoción a dez minutos do final. A balanza podería inclinarse a calquera lado, pero os de Cándido Gómez sufrirían un importante revés para pensar en cotas maiores ao perder por dobre cartón amarelo a Osián practicamente despois do tanto dos anfitrións.

O Pabellón, en inferioridade numérica, tirou de oficio, pese á importante baixa na liña defensiva do seu capitán Sergio, para amarrar un valioso punto e finalmente o marcador non se movería máis.

Este empate permite aos nosos manterse na terceira posición -primeira que para o ascenso- pese a que os seus dous inmediatos perseguidores -Choco e Areosa- acortaron diferenzas despois de vencer con claridade a Porriño e O Val respectivamente. O Pabellón suma catorce xornadas sen perder.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.