Es noticia Futbol 

Jony e Codeso dous novos reforzos para a U.D. Ourense de preferente

Jony e Codeso (Foto: Yedra Seara)

Jonatan Magisano González «Jony» e José Miguel Rodríguez Codeso novos xogadores de U.D. Ourense

Tras a renovación de Rubén Durán e as fichaxes de Pato e Alfredo, onte foron presentado no Couto dous novos xogadores para o plantel que xogará na Preferente Autonómica nas filas da U.D. Ourense. Trátase de Jonatan Magisano González «Jony» e José Miguel Rodríguez Codeso.

José Miguel Rodríguez Codeso, nado en Celanova hai 28 anos, xoga de lateral esquerdo ou defensa central e procede do Sporting Celanova, onde chegou a xogar en Preferente Autonómica. Tamén xogou no Bande na tempada anterior.

Pola súa banda Jonatan Magisano González, nado en Carballeda de Avia hai 23 anos, é un xogador de ataque moi polivalente que chega dende o Ribeiro. A tempada pasada foi o máximo goleador do equipo con 15 goles, Jony saliu da canteira do Ribeiro e tamén pasou por Lodairo e Barbadás.

Son dous xogadores que chegan dende a Primeira Autonómica e que chamaron a atención dos técnicos ourensanistas cando se enfrontaron durante a temporada. A Unión Deportiva Ourense está a apostar polos xogadores da terra, que seguro que con oportunidades como a que se lle brinda a Codeso e Jony demostraran que son tan válidos como os xogadores «chegados de fóra».

Foto: Yedra Seara

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: