Destacado Es noticia Futbol 

Iván Alonso novo Coordinador da Base da UD Ourense

Noticia: U.D. Ourense

Este luns, 16 de xullo, nas oficinas do Estadio do Couto, fíxose a presentación de Iván Alonso González (1992), como novo Coordinador da base.

Nado en Ourense, incorpórase procedente do CD Lugo, onde desenvolveu tarefas de adestrador do cadete de Liga Galega, batendo o récord histórico de puntos do club. Para a afección vermella, é coñecido por ser o adestrador do Ribeiro FC que ascendeu conxuntamente con nós a Preferente Autonómica, no 2017, levando ao Riberio a mellor tempada da súa história.

Ademáis, é o gran descubridor de Jonatan Magisano, “Joni”, escollido pola afección ourensanista xogador COSAGA 2017/2018.

Iván desenvolverá tarefas de coordinación da base e Diego Soto continuará formando parte da estrutura da base.

Benvido Iván!! Moita sorte e moitas grazas pola túa confianza!

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.