Futbol 

Incontestable triunfo da S.D. Valenzá ante o Carballeira C.F.

S.D. VALENZÁ  8 – CARBALLEIRA C.F.  1

Espléndida tarde primaveral nesta xornada previa ó escomenzo da Semana Santa que, un ano mais, fará un alto no descurrir do campionato. Mais de dous centos de persoas nas bancadas, con bo ambiente futbolístico entre a veciñanza de dous barrios cercanos no xeográfico ainda que de concellos distintos. Na previa, gardouse un respectuoso minuto de silenzo pola morte dun ser querido do porteiro visitante Josu.

Publicado por: S.D. Valenzá

Unha vez coñecido o resultado, é imposible pensar nunha crónica que non indique con claridade o ansia destes mozos por conquerir, canto antes, o tan desexado Campionato Ligueiro. Despois de dúas maxistrais paradas de Josu, chegou o xarro de auga fría de ver como Gael puña os viciños da Carballeira por diante no electrónico. E mantiveron o tipo, con poderío ata o minuto 22 cando, co gol de Fran, chegou o empate. Non entendemos o por qué da descomposición da defensa e mediocampo visitantes a partires dese intre. Nerviosos, sen marcas definidas, perdendo o sitio nos contragolpes locais, foron presa doada para unhas fieras con ansia por morder, facer sangre, e finiquitar ese mal preludio.

Eses vintetrés minutos foron decisivos para sentenciar o partido na primeira mitade e, dende ese intre, foi, tanto o xogo como o dominio, totalmente Verde. Corte, pase e velocidade semellaban ser as armas que millor funcionaban e os xogadores locais empregáronse a fondo para ir martillando á defensa e porteiro visitantes cos cinco goles cos que complementaron unha segunda mitade perfecta e fructífera.

Solo quedan dúas xornadas, na casa, na semana do 22/23 de Abril voltaremos a recibir ó C.D. Maceda e, pecharemos en Allariz na seguinte. É necesario que siga esta liña de compromiso coral de toda a familia Verde para conquerir o obxectivo do ansiado ascenso. A presión para a cervexa, estes mozos teñen mimbres para gañar e alcanzar o Campionato.
S.D. VALENZÁ
Borja, Meixeira, Ruanova, Victor, Trigo, Guille
Fran, Carlos, Javi, Oliver e Jota

GOLES:

  • 0-1. min. 10: Balón despexado por Buda que chega as inmediacións do área local e a disputa de Gael ten o premio de quedar diante de Borja e batilo por baixo.
  • 1-1. min 22: Entrada fulgurante de Fran pola esquerda e tiro raso que toca Josu ainda que sin impedir que o balón chegue a rede.
  • 2-1. min. 30: Victor executa maxistralmente un tiro en falta de Libre Directo un pouco escorado a dereita do ataque. O balón tórnase inapelable para Josu que fai a estatua.
  • 3-1. min. 43: Victor recibe un balón na frontal do ataque Verde, acomodao cara a súa perna dereita e por raso supera a estirada do cancerbeiro.
  • 4-1. min. 61: Contragolpe dos locais levado fulgurantemente cara Carlos que, xa no área, remacha ó fondo da rede.
  • 5-1. min. 64: Saque dende o curruncho botado por Victor e o rexeite chega rebotado
  • 6-1. min. 75: Fermoso e rapidisimo contragolpe levado polo xuvenil Javi, hoxe de volante ofensivo, quen, diante da saída de Josu, executa unha mortal vaselina que se acopla ó fondo da rede.
  • 7-1. min. 78: Chegada novamente en superioridade dos Verdes con balón nos pes de Victor que regatea ó gardarredes e marca mansamente o seu hat trick.
  • 8-1. min. 84: Saque dende o curruncho esquerdo do ataque local. Botado por Victor, trenza un espectacular fin de festa con un gol olímpico, remachado xa dentro polo central Meixeira.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: