Destacado Es noticia Futbol 

Igualdade, emoción e un xusto empate da U.D. Ourense ante o Interrías

UD Ourense 2-2 Viaxes Interrías

Crónica: U.D. Ourense Foto: Yedra Seara

A UD Ourense feminina acada un empate diante dun Interrías que xogou de tú a tú. Partido moi desputado por ambos conxuntos e no que a igualdade foi a tónica xeral do encontro. Emma e Pacy foron as autoras dos tantos vermellos. Un punto máis, mágoa que se escapan 3 vitales nas aspiracións para meterse arriba.

O conxunto adestrado por Rubén García voltaba a Velle na matinal do domingo para desputar o seu partido ligueiro diante dun vello coñecido coma o Interrías. Esperábase un partido marcado pola igualdade e finalmente non defradou a ningún dos presentes. Foron moitos os que acudiron a apoiar as nosas rapazas nunha nova proba de lume trala lesión de Mónica, que segue lastrando o xogo do equipo na medular e que deixou orfo a un plantel que non pode contar sobre o terreo do xogo ca súa capitana.

O encontro arrincou da millor das maneiras para os intereses das vermellas, que hoxe xogaron de negro coma homenaxe as vítimas dos lumes en Galicia, Asturias e Portugal. Emma aproveitaba un erro no control da gardarredes local e facía o primeiro para as nosas. Non pasaran nin 2 minutos e partido púñase de cara.

Tralo gol, as visitantes pasaron a levar a iniciativa, tratando de buscar a meta de Noe. O Interrías apostaba por un estilo directo e obligou a gardamallas local a esforzarse o máximo para evitar o empate. As réplica das nosas chegaba da man de Hele, que foi unha das máis activas en ataque, facendo unha gran labor de desgaste e a que tan solo lle faltou o gol. Noe evitaba un novo tanto visitante, ata que a falta de 4 minutos para o descanso, Lidia acadaba o empate nun despiste defensivo.

Tralo descanso, o Interrías saiu a presionar a saída do coiro local e comezou a chegar con perigo. Tras varios avisos, chegaría o segundo das pontevedresas, tras un saque de falta, que Tania enviaba o fondo da rede. O gol espoleou as nosas, que se viñeron arriba e 8 minutos despois acadaban o empate. Hele disparaba a porta, pero Jacinta despexaba o coiro, que novamente lle chegaba a Hele, que voltaba rematar, pero unha vez máis a cancerbeira rexeitaba o remate, que novamente recaía nos pes de Hele, quen dende o chan asistía a Pacy que anotaba a pracer.

A partir de entón o partido entrou nunha fase de ida e volta, no que Noe salvou dúas ocasións clarísimas das visitantes e no que Laura, non acertou a batir a cancerbeira visitante a 4 minutos do final. Empate xusto e un punto máis que sitúa as nosas rapazas en oitava posición con 11 puntos, a 5 do Deportivo “B”, que é terceiro, e a 8 do Arousana, segundo na táboa. A próxima xornada toca visitar o Umia, rival que nos precede na táboa.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: