Es noticia Futbol 

O feminino de U.D. Ourense a retomar o camiño do triunfo ante o Alertanavia

Publicado por: U.D. Ourense

Despois do empate colleitado en Lugo ante a Milagrosa (1-1) as ourensanistas quédalle loitar polo segundo e terceiro posto, xa que o Victoria está prácticamente inalcanzable na súa primeira praza. Hai que ter en conta que esta semana o Portonovo, terceiro clasificado con tres puntos de vantaxe sobre as nosas rapazas, ten que visitar ao líder en Santiago.

Xa que logo unha vitoria ante o Alertanavia en Velle, domingo ás 12,00 horas, podería permitirnos empatar a puntos coas pontevedresas se perden ante o lider.

O visitante parece un rival propicio para acadar os tres puntos. O Alertanavia ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria con tan catorce puntos, froito de tres vitorias e cinco empates. No partido da primeira volta as ourensanistas gañaron por un claro 0-3. Aínda así non caben confianzas xa que as viguesas están reaccionando cunha vitoria (2-4 sobre o Victoria B), un empate (2-2 ante o Sárdoma B a xornada pasada) nas tres últimas xornadas, onde tan só perderon ante o líder Victoria (4-0).

A convocatoria para este partido está composta por: Noe, María, Ches, Lola, Pacy, Lo, Jani, Dana, Cris, Cae, Aida, Laura, Hele, Feijoo, Zaira e Aldara.

La entrada O equipo feminino a retomar o camiño do triunfo ante o Alertanavia aparece primero en Unión Deportiva Ourense.

 

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: