Destacado Es noticia Futbol 

A Federación Galega de Fútbol estará presente en Sportur Galicia

O venres (18:00) haberá unha conferencia sobre a transformación na RFGF

Sportur Galicia – Salón do Deporte e Turismo Activo

A Real Federación Galega de Fútbol estará presente esta fin de semana en Sportur Galicia – Salón do Deporte e Turismo Activo, que se celebra no Recinto Feiral de Expourense do venres 17 ao domingo 19.

A RFGF contará cun stand no que ofrecerá aos visitantes información detallada sobre iniciativas como a incorporación á estrutura federativa do fútbol veterano ou as oportunidades formativas e laborais que ofrecen a nosa Escola de Adestradores e o Comité Técnico de Árbitros.

Conferencia
Ademais, a Federación participará no programa de conferencias do evento ofrecendo o venres 17 (18:00 horas) a ponencia “A RFGF como referente de transformación dixital, social e laboral no ámbito do deporte”.

A presentación fará un percorrido polas transformacións propiciadas pola acción da RFGF en campos como a competición de veteranos, a formación dos técnicos ou a captación de árbitros, explicadas por diversos ponentes como o presidente Rafael Louzán, os directivos José Manuel Fernández, Pablo Prieto, Amancio Varela e Bernardino González e o colexiado David Pérez Pallas.

SPORTUR – SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO
Lugar Recinto Feiral de Expourense
  Finca Sevilla, s/n
Datas 17, 18 e 19 de novembro de 2017
Horario Venres 17: 10:00-14:00 e 16:00-20:00
  Sábado 18: 10:30-14:30 e 16:00-20:00
  Domingo 19: 10:30-19:30

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario