Futbol 

O equipo feminino eliminado polo Portonovo

Publicado por: U.D. Ourense

Unha mala primeira parte condenou ao equipo ourensanista. O 4-1 logrado no partido de ida quedouse curto e o 3-0 encaixado en terras pontevedresas frusta a clasificación para as semifinais de Copa. Unha mágoa.

O Portonovo saíu en tromba sobre a porta de Noe e no primeiro minuto xa inaugaraba o marcador. Este gol aínda as espoleou máis as locais, mentras que as ourensanistas non conseguían sacudirse o seu dominio.

Ao cuarto de hora chegou o 2-0 cun disparo dende fóra da área que superou a Noe por alto. As locais tomáronse un respiro e as nosas rapazas comezaron a achegarse a porta local, pero sen efectividade. A que si  tiveron as pontevedresas a dous minutos do final da primeira parte cando fixeron o 3-0. Con este resultado chegouse ao tempo de lecer. Un marcador que deixaba fóra as ourensanistas polo valor dobre dos goles marcados en campo contrario.

Con todo perdido as ourensanistas volcáronse na procura dun gol que lles dera a clasificación. Houbo varias ocasións pero o balón non quixo entrar, chegándose ao final do encontro co 3-0 que xa campeaba ao descanso.

O partido rematou coas expulsións do adestrador Rubén García e do seu axudante Jacobo Porto.

Agora queda disputar a Copa Deputación co Rúa como rival.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: