Antela FCDestacado Es noticia Futbol 

El Antela FC recibe de la Xunta la felicitación por su centenario

A Xunta felicita ao Antela Fútbol Club polo seu centenario e explora vías de colaboración para participar nesta efeméride

  • O secretario xeral para o Deporte gabou a traxectoria do equipo ourensán xa que “non é fácil cumprir cen anos cun estado de saúde tan envexable como o que presenta o Antela”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, recibiu á directiva do Antela Fútbol Club encabezada polo seu presidente, José Pérez, co gallo do centenario do club de Xinzo da Limia, fundado nas primeiras datas de xuño de 1919.

O mandatario galego gabou a traxectoria do equipo ourensán xa que “non é fácil cumprir cen anos cun estado de saúde tan envexable como o que presenta o Antela”. Ademais felicitou ao conxunto que marcha terceiro na Primeira Autonómica e desexoulle moito éxito para regresar á Preferente, categoría da que descendeu a pasada tempada.

Durante a reunión os membros da directiva do Antela e os representantes da Xunta exploraron vías de colaboración para celebrar esta efeméride centenaria así como axudar ao equipo limián no mantemento das súas instalacións.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.