Valladares EFF Rosalia 2018Destacado Es noticia Futbol 

EFF Rosalía cae pola mínima na visita a Valladares

CD Valladares B 1 – 0 EFF Rosalía

Desprazábase a totalidade do club na mañá do venres festividade do Pilar a Valladares a unha tripla cita co club amigo da cidade olívica.

Aproveitando a 5ª xornada de liga das nosas senior dende a directiva do Valladares, gracias o traballo e a insistencia do seu adestrador do seu primeiro equipo feminino de 2ª Nacional Gabi Couñago, ofrecéusenos a posibilidade de disputar un triangular previo que enfrontou os nosos equipos da liga promesas co Valladares.

O triangular da categoría promesas estivo marcado pola ilusión dos tres contendentes a pesar do mal tempo que facía nas instalacións da Gándara. Unha choiva insistente mesturada cun forte vento non desluciu o esforzo e ilusión de ningún dos tres equipos.

Finalmente ás 12:30 saltaron o campo as plantillas dos dous senior. O Valladares “B” moito máis experimentado e con moita calidade técnica recibía as nosas guerreiras na 5ª xornada de liga e a verdade e que as nosas a pesares da derrota deixaron moi boa imaxe no campo.

Valladares EFF Rosalia 2018

Un despiste na banda dereita no minuto 7 de partido fixo que o Valladares se adiantara no marcador, parecía o guión normal e que algún máis podería caer na nosa ourensana pero non foi así. O gran traballo da plantilla e a organización perfecta plantexada polo noso míster ante un potente rival permitiulles estar en todo momento no partido con opcións de disputalo.

Nin o Valladares creaba perigo, nin Rosalía era quen dee desarborar a estupenda defensa rival. Moito xogo no centro do campo de poder a poder.

O final 1-0 e a sensación de que a EFF Rosalía ten moitísimo futuro xa que ten os tres ingredientes que inspiran a maior das confianzas que son orde, ilusión e traballo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.